luns, 28 de abril de 2025

SAÍDA AO ECOMUSEO FORNO DO FORTE

O martes 22 de abril, o alumnado de Educación Infantil realizou unha saída ao Ecomuseo Forno do Forte en Buño, Malpica de Bergantiños.

  • Coñeceron a labor dos oleiros, unha profesión tradicional onde realizan de xeito artesán pezas con barro.
  • Participaron nun obradoiro de barro.
  • Coñeceron e repasaron vocabulario variado en lingua galega, como: pía, cabazo, pote...
  • Observaron imaxes antigas onde se podían observar, por exemplo, mulleres levando pezas de barro á feira de Carballo.
Aproveitarán esta actividade, para compartir imaxes co alumnado do CEIP Canosa-Rus, pois nelas pódese observar como era a vida na aldea fai anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

BENVIDO PEPIÑO DE GRES

Esta semana sería o 98 aniversario de Xosé Neira Vilas , así que consideramos que toca recoller o traballo de Begoña Caamaño e comezar a ali...