Amosando publicacións coa etiqueta Revista escolar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Revista escolar. Amosar todas as publicacións

sábado, 20 de xuño de 2026

REVISTA ESCOLAR

Ao longo deste curso vivimos momentos inesquecibles cheos de aprendizaxes, esforzo, creatividade e convivencia. Como cada ano, editamos a nosa revista "A Voz do San Luís", onde cada fotografía recolle unha pequena parte das experiencias compartidas no noso colexio, nas excursións, nos proxectos e nas celebracións que nos fixeron medrar tanto a nivel académico como persoal. Estas imaxes son un recordo dos retos superados, das amizades fortalecidas e de todos os instantes que converteron este ano nunha etapa especial que gardaremos con agarimo na memoria 💖


🌞FELIZ VERÁN 🌞

martes, 17 de xuño de 2025

REVISTA "A VOZ DO SAN LUÍS" 2024/2025

Como cada ano, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega editamos a revista "A Voz do San Luís" que recolle un pouquiño do vivido neste curso 2024/2025. Agardamos que vos guste!!

Feliz verán a todos/as!! 🌞 Vémonos de novo en setembro 💙

luns, 17 de xuño de 2024

A VOZ DO SAN LUÍS

 A piques de rematar o curso queremos amosar todo canto fixemos este ano. Animádevos a botar un ollo á nosa revista escolar "A Voz do San Luís". 

Este ano o concurso de debuxo para a portada da nosa revista ganouno Carla Giance García, unha alumna de 6º de primaria que quixo reflictir as grandes novidades do centro: a nova biblioteca e a mellora dos patios. 

Prema na imaxe para acceder á revista. 



REVISTA ESCOLAR

Ao longo deste curso vivimos momentos inesquecibles cheos de aprendizaxes, esforzo, creatividade e convivencia. Como cada ano, editamos a no...