Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións

martes, 5 de maio de 2026

LIBROS VIAXEIROS COMPARTIDOS CO CEIP NOVO MESOIRO DE A CORUÑA

Este curso tivemos a oportunidade de crear tres libros cheos de apócemas, receitas e poemas cheos de imaxinación, aprendizaxe e ilusión. Como parte dunha experiencia en colaboración moi enriquecedora, compartimos estas creacións co CEIP Novo Mesoiro de A Coruña, co que fixemos un fermoso intercambio: nós enviámoslles os nosos libros e eles/as fixéronnos chegar tamén as súas obras 📚

Con esta actividade de intercambio de libros, aprender compartindo cobra todo o seu sentido, xa que o alumnado non só crea as súas propias historias e materiais, senón que tamén descobre e valora as doutros nenos e nenas, enriquecendo a súa aprendizaxe a través da colaboración e o intercambio de ideas.




Velaquí os nosos libros no CEIP Novo Mesoiro de A Coruña:

mércores, 19 de novembro de 2025

OBRADOIRO DE LUZ NEGRA DE SAMAÍN

Como recompensa ao traballo e esforzo das nenas e nenos en crear as súas apócemas, gozamos dun obradoiro de luz negra de Samaín. Alí podiamos atopar tres propostas:

👻Crea o teu castelo encantado con Connetix.

👻Escribe unha palabra terrorífica en galego sobre siluetas de Samaín.

👻Fai un mural de medo.


Se queredes ver que xornada tan divertida pasamos, iniciade este vídeo 👽

mércores, 5 de novembro de 2025

LIBRO APÓCEMAS DE SAMAÍN

Chegou o día!! Velaquí está o libro que creamos entre todos os nenos e nenas do noso colexio con apócemas de Samaín, para o que traballamos con vocabulario sobre a temática en lingua galega.

Agardamos que vos sexan útiles para cumprir os vosos arrepiantes desexos👺💀🎃📖 Lembrade que, logo de botar todos os ingredientes no pote, é moi importante remexer ben. Consello de bruxas e ogros!

venres, 24 de outubro de 2025

APÓCEMAS DE SAMAÍN

Dende o EDLG, outorgamos ao noso alumnado unha misión moi importante para este Samaín: converterse en bruxas e arrepiantes ogros. Para que? Para elaborar apócemas segredas coas que, cun só grolo, acontezan cousas máxicas neste outubro🎃👺

Cada neno/a ou por grupos, escribiu a súa apócema neste pote, traballando así vocabulario propio desta época do ano:


Queredes ver o resultado? Pois teredes que agardar uns días. Polo momento, estamos a botar nel todos os ingredientes necesarios e remexendo para que logren provocar os feitizos.

Como recompensa ás bruxas e ogros do noso colexio, preparamos unha sesión de luz negra para este mércores 29 💀👻Xa vos amosaremos como foi a experiencia!

RECURSOS SOBRE O SAMAÍN

A primeira conmemoración deste curso é o Samagosto, o Samaín e o Magosto 🎃🌰 Imos recuperar un Symbaloo de recursos creado o curso pasado e que fomos ampliando, para que poidades botar man del dende as aulas.

Que ides atopar?

    🍐En verde, xogos interactivos

    🍇En morado, materiais imprimibles

    🎃En laranxa, contos e cancións

    🌰En marrón, receitas de Samaín

Fai clic nesta imaxe para acceder a el:

xoves, 7 de novembro de 2024

CALIGRAMA TERRORÍFICO

Bo día a todos e a todas!! Como sabedes, este Samaín traballamos sobre diferentes figuras tradicionais galegas relacionadas coa temática. Informámonos a través do Genial.ly e realizamos as actividades interactivas. Tamén elaboramos, entre as diferentes aulas do colexio, un caligrama colaborativo con palabras en galego relacionadas con esta festividade. Como vedes, fixémolo en base á silueta da bruxa dos dentes verdes.


A seguir escribindo historias terrorificamente felices 🎃👻 Grazas pola vosa participación!!

martes, 5 de novembro de 2024

LECTURAS TERRORÍFICAS EN GALEGO

Estes días, as familias de Educación Infantil tiveron a oportunidade de vir ao colexio lernos un conto terrorífico 🎃👻 Velaquí unhas imaxes das fermosas, pero arrepiantes, historias que tivemos a oportunidade de escoitar. E sabedes que? Eran historias en galego!!


Moitísimas grazas familias pola vosa colaboración💖

venres, 25 de outubro de 2024

SYMBALOO SAMAÍN

Velaquí vos deixamos un Symbaloo de recursos para este Samaín🎃 Atoparédelos organizados por cores que fan referencia ás seguintes categorías:

        🍐Verde: Xogos interactivos

        🍇Morado: Materiais imprimibles

        🎃Laranxa: Contos e cancións

        🌰Marrón: Receitas de Samaín

Pica na imaxe, para acceder:

xoves, 24 de outubro de 2024

SAMAÍN 2024

Benvidas e benvidos de novo ao blog Moita lingua!! Un ano máis, aproveitaremos este pequeno recuncho para proporcionar recursos en lingua galega sobre as diferentes festividades, novas interesantes ou calquera recurso ou material relacionado.

Estade moi atentos/as, pois tamén penduraremos vídeos e imaxes das diferentes actividades que levemos a cabo no centro.

Sen máis, comezamos!! Contarvos que este curso, polo Samaín, imos traballar sobre diferentes figuras tradicionais:

  • Tardo.
  • Gatipedro.
  • Bruxa dos dentes verdes.
  • Tía Xoana.

Velaquí tedes un Genial.ly onde atoparedes moita información sobre estas personaxes e, ao mesmo tempo, unhas preguntas interactivas:

REVISTA ESCOLAR

Ao longo deste curso vivimos momentos inesquecibles cheos de aprendizaxes, esforzo, creatividade e convivencia. Como cada ano, editamos a no...