Rematamos a nosa Semana das Letras Galegas por todo o alto. As nenas e nenos de Educación Infantil e Educación Primaria participaron nunha fermosa foliada chea de música, alegría e tradición🎵🎵Tamén gozamos dunha merenda típica galega con pan, sardiñas en lata, chourizo, queixo e delicioso pan de ovo, poñendo así sabor e convivencia a unha celebración inesquecible das nosas raíces 💙
Blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo)
Etiquetas
- Castelao
- Ciencia en galego
- Contos en galego
- Día da Paz
- Día da Poesía
- Día do Libro
- Entroido
- Herbas de San Xoán
- Intercambio de cartas
- Lecturas
- Letras Galegas
- Nadal
- Poesía
- Proxecto "A nosa casa da vila"
- Regueifa
- Revista escolar
- Rosalía de Castro
- Saídas
- Salón do Libro
- Samaín
- Semana do Libro
- Xogos en galego
sábado, 16 de maio de 2026
venres, 15 de maio de 2026
BREAKOUT SOBRE BEGOÑA CAAMAÑO
Esta semana das Letras Galegas veu cargadiña de propostas sobre Begoña Caamaño. O martes 12, o mércores 13 e o xoves 14 de maio, cada titoría participou nun breakout sobre a autora homenaxeada, axudando así á Biblioteca de Galicia a recuperar a información perdida 💙
🔐PROBAS DE EDUCACIÓN INFANTIL
🔐PROBAS DO 1.° CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
🔐PROBAS DO 2.° CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
🔐PROBAS DO 3.° CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
🔐COMO FOI A EXPERIENCIA?
🔐O PREMIO
mércores, 13 de maio de 2026
CONCERTO DE NINGHURES
Onte tivemos a grandísima honra de recibir no noso centro a Hadrián, Tomé e Manuel, tres dos integrantes do grupo De Ninghures. Con eles coñecemos diferentes instrumentos musicais, practicamos algúns pasos da muiñeira e gozamos das súas fermosas cancións en lingua galega 💙
Ter no colexio un concerto dun grupo que canta en galego foi unha sorte enorme para nós. A música na nosa lingua fai medrar a cultura, une ás persoas e axúdanos a sentirnos orgullosos do que somos 🎵🎵
EXPOSICIÓN DAS LETRAS GALEGAS
Co gallo das Letras Galegas, temos instalada na entrada do centro unha exposición sobre Begoña Caamaño. Que podemos atopar nela?
💙Carteis gañadores sobre a autora homenaxeada.
💙Como Begoña Caamaño era locutora de radio, temos unha pequena exposición de dúas radios, unha máis antiga e outra máis moderna.
💙Exposición sobre o traxe galego onde se poden observar os nomes das súas partes e definicións segundo a Real Academia Galega.
martes, 12 de maio de 2026
MATERIAIS SOBRE BEGOÑA CAAMAÑO
Dende a aula de 3.º de Educación Primaria, comparten con nós un material creado coa ferramenta NotebookLM para traballar sobre Begoña Caamaño, unha voz imprescibdible. Agardamos que vos sexa de utilidade! 💜
martes, 5 de maio de 2026
COMO SERÁ A NOSA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS?
A Semana das Letras Galegas no noso colexio preséntase como unha ocasión especial para achegar ás nenas e nenos á riqueza da nosa lingua e cultura dun xeito lúdico e participativo. Do 11 ao 15 de maio, gozaremos de numerosas actividades como:
🎵Un concerto didáctico co grupo De Ninghures.
🔑Un break out sobre Begoña Caamaño onde poñerán a proba o seu enxeño.
💃 Compartiremos a alegría dunha foliada.
Con estas propostas queremos non só celebrar as nosas letras e honrar á autora homenaxeada, senón tamén lembrar que o galego é unha lingua viva que debemos coidar, usar e reivindicar cada día do ano 💙
luns, 4 de maio de 2026
POR TI, BEGOÑA CAAMAÑO
Begoña Caamaño foi unha escritora e xornalista que amou contar historias diferentes, nas que as mulleres eran valentes, cursiosas e protagonistas das súas propias aventuras. Naceu en Galicia, traballou na radio e na televisión e tamén escribiu libros moi especiais nos que mesturaba a historia coas emocións e a imaxinación.
Co gallo das Letras Galegas 2026, lembrámola como unha autora que nos invita a pensar, a facer preguntas e a descubrir o mundo con ollos atentos e corazón aberto.
Para traballar sobre a súa vida e obra contamos con materiais moi interesantes publicados na web O Portal da Lingua Galega. Unha mostra son os carteis e a guía didáctica que se elaboran cada ano e que este 2026 pertencen ao CEIP Plurilingüe Ribadavia (Ourense). Dende o noso centro, enviámoslles os nosos parabéns por tan fermoso traballo 👏🏆
💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙
CARTEIS
GUÍA DIDÁCTICA
mércores, 28 de maio de 2025
MACROCONVIVENCIA "AO SON DA PANDEIRETA. VAI POR ELAS!"
O pasado luns 19 de maio, acudimos a Mens para celebrar as Letras Galegas xunto coas nenas e nenos do CRA Nosa Señora do Faro, Aspronaga e Lenda Educativa.
Por que en Mens? Porque as pandeireteiras homenaxeadas naceron nesta parroquia de Malpica de Bergantiños.
Participamos en diferentes actividades:
💙Obradoiro de elaboración de pandeiretas - Espazo Pandeireteiras de Mens
💙Xogos inclusivos a cargo da Asociación Un paso máis - Espazo Eva Castiñeira
💙Merendola conxunta - Espazo Rosa e Adolfina Casás Rama
💙Foliada
💙Visita ao cemiterio e ofrenda floral onde están enterradas Prudencia e Adela
Queredes ver que ben o pasamos este día?
Grazas a todas as persoas que o fixestes posible, foi unha experiencia marabillosa 💙
sábado, 17 de maio de 2025
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS
💙FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 💙
As de Malpica son pescas,
as de Buño son oleiras,
as de Carballo modistas
e as da Brea panadeiras.
Bergantiños ten a sona,
Bergantiños a sona ten;
Bergantiños ten a sona
de cantar e bailar ben.
Velaquí vos amosamos a exposición que creamos na entrada do noso colexio:
- Cubo interactivo con imaxes das pandeireteiras e códigos QR que pemiten acceder a música tradicional.
- Caracterización dunha imaxe dunha muller con pano e toca, creando a súa falda con pequenos volantes informativos.
- Exposición dos carteis e guía didáctica elaborada polo CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro de Cerceda e que resultaron gañadores do Concurso-Exposición Letras Galegas 2025.
- Cartel sobre a macroconvivencia que realizaremos o próximo luns en Mens e imaxes dos espazos que empregaremos.
luns, 12 de maio de 2025
luns, 5 de maio de 2025
MATERIAIS SOBRE AS CANTAREIRAS E A POESÍA POPULAR ORAL
Como cada ano, para traballar sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas, contamos con numerosos materiais, entre eles os publicados na web O Portal da Lingua Galega. Unha mostra son os carteis e guía didáctica que se elaboran cada ano e que, neste 2025, se fixeron no CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro de Cerceda 💙 Dende o noso centro, queremos enviarlles os parabéns!! 👏👏
CARTEIS 🎵
GUÍA DE ACTIVIDADES 📌
MARCAPÁXINAS📖
LETRAS GALEGAS 2025
LETRAS GALEGAS 2025
AS CANTAREIRAS E A POESÍA POPULAR ORAL
Chega o mes de maio, e con el o MES DAS LETRAS GALEGAS. Este 17, dedicaráselle ás cantareiras e á poesía popular oral.
Facendo clic nesta imaxe, accederedes a un Symbaloo con numerosos recursos para traballar nas aulas.
luns, 3 de xuño de 2024
TODO SOBRE LUISA VILLALTA
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que fixeron os maiores do cole (de 2º en diante) para coñecer a autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas.
AMOR POLA LINGUA
O alumnado de 1º de E.P. estivo traballando para coñecer a Luisa Villalta e valorar a través dela o amor pola lingua galega.
domingo, 26 de maio de 2024
FLORECE O GALEGO
O pasado 16 de maio fixemos unha pequena xuntanza no San Luis para falar un pouquiño da vida e obra de Luisa Villalta. Ademais, sendo víspera do día da nosa lingua, quixemos representar o orgullo que sentimos por ela cas nosas palabras preferidas en galego. Plantamos estas verbas en forma de margarida nunhas macetas porque o que queremos é que FLOREZAN E PERDUREN PARA SEMPRE.
xoves, 23 de maio de 2024
EMOCIÓNATE CON LUISA
O alumnado de EI traballou as emocións co retrato de Luisa Villalta. Crearon un mural para os compis do cole.
MIRADE CANTO TRABALLARON E QUE BEN LLE QUEDOU!
mércores, 22 de maio de 2024
TRABALLANDO SOBRE LUISA VILLALTA
Dende hai unhas semanas temos este recuncho no cole. Aquí puidemos atopar unha chea de información sobre a autora homenaxeada o pasado 17 de maio: Luisa Villalta. Tamén tiñamos actividades interactivas e algunha que outra manualidade relacionada.
REVISTA ESCOLAR
Ao longo deste curso vivimos momentos inesquecibles cheos de aprendizaxes, esforzo, creatividade e convivencia. Como cada ano, editamos a no...
-
Tic, tac, tic, tac ⏰ Chega o tempo de Entroido e, como cada ano, seguiremos os Mandadiños do Meco 🎭 A partir deste venres, estaremos moi a...
-
Como recompensa ao traballo e esforzo das nenas e nenos en crear as súas apócemas, gozamos dun obradoiro de luz negra de Samaín . Alí podiam...
-
Ao longo deste curso vivimos momentos inesquecibles cheos de aprendizaxes, esforzo, creatividade e convivencia. Como cada ano, editamos a no...





















