Como sabedes, fomos galardoados no XI Concurso de traballo por proxectos coordinados ou co apoio da biblioteca escolar, na categoría de proxectos de investigación intercentros. O proxecto "Non sempre se pace onde se nace" recollía o titulado "A nosa casa da vila" do noso colexio e "A nosa casa da aldea" do CEIP Canosa-Rus.
O pasado venres 10 de abril tivemos a honra de asistir á gala de entrega de premios na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.
Ao chegar ao colexio, os/as protagonistas do noso proxecto fixeron, con moito orgullo e cheos de ilusión, unha imaxe para o recordo💙
Queremos rematar, dándolle os parabéns a todos os centros premiados e tamén a todos aqueles que, con moito esforzo e agarimo, levaron a cabo diferentes proxectos nos seus coles. Nomeamento especial ao CEIP Canosa-Rus, co que estamos encantados/as de ter traballado da man 💖 Grazas por facer posible este proxecto!!




