Amosando publicacións coa etiqueta Día da Poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Poesía. Amosar todas as publicacións

sábado, 28 de marzo de 2026

A RÚA DOS VERSOS

O 23 de marzo, ademais de celebrarse o Día da Poesía, tamén é o Día da Árbore 🌳Como actividade de continuidade, pois xa o fixemos en anos anteriores, aproveitamos os poemas creados polos diferentes cursos para colgalos nas árbores que están situadas diante do noso centro. Os encargados/as de colgar os poemas foron as nenas e nenos de 2.º e 5.º de Educación Primaria.

Rimas, haikus, caligramas e poemas quebra-ósos móvense co vento, convertendo a rúa Fotógrafo Xosé Vidal de Carballo nunha rúa de versos, onde a creatividade e o respecto pola natureza foron da man. Cada poema atopou a súa póla, creando un espazo máxico no que ler, observar e sentir, ao que convidamos a toda a veciñanza que queira ler uns poemas estes días 💚

LIBRO POÉTICO

Co gallo da celebración do Día da Poesía o 23 de marzo, o noso alumnado mergullouse no mar das palabras para crear, xogar e sentir coa lingua. Ao longo destes días, experimentaron con diferentes formas poéticas: 

📌Educación Infantil traballou rimas cheas de ritmo.

📌1.º ciclo de Educación Primaria fixo uns caligramas moi creativos.

📌2.º ciclo de Educación Primaria fixo haikus.

📌3.º ciclo de Educación Primaria preparou divertidos poemas quebra-ósos.

O resultado deste fermoso traballo colectivo recóllese neste libro poético, no que cada páxina é unha mostra da imaxinación, a sensibilidade e a creatividade dos nosos nenos e nenas. Agardamos que gocedes da súa lectura tanto como nós gozamos do proceso de creación.

venres, 27 de marzo de 2026

OBRADOIRO DE POESÍA

Este luns 23 de marzo, conmemorouse o Día da Poesía polo que, o mércores, tivemos a sorte de gozar dun obradoiro que forma parte da actividade "Poetizando Carballo" ofertado pola Concellaría de Normalización Lingüística e Bibliotecas do Concello de Carballo.

As nenas e nenos de 2.º de Educación Primaria gozaron desta actividade da man de Antía Otero.


Aquí estamos nas redes sociais do Concello de Carballo.

sábado, 5 de abril de 2025

DÍA DA POESÍA E DÍA DA ÁRBORE

Como sabedes, o pasado 21 de marzo celebrouse o Día da Poesía e o Día da Árbore 🌳 polo que demos continuidade a unha actividade realizada en anos anteriores.

Recitamos poemas en galego, subímolos ao blog (podedes escoitalos facendo clic aquí) e xeramos un código QR que incluímos nos carteis que elaboramos. Estes, atópanse pendurados nas árbores da contorna do noso colexio para que todas as familias do centro e veciños de Carballo poidan gozar deles 💖

xoves, 27 de marzo de 2025

martes, 25 de marzo de 2025

POEMA "EU BEN VIN" DE ROSALÍA DE CASTRO

Poema "Eu ben vin" de Rosalía de Castro no seu libro Cantares gallegos. Recitado polo alumnado de 3.º de Educación Primaria ao alumnado de Educación Infantil🦉

venres, 21 de marzo de 2025

POEMA "O arco da vella" de Manuel María

Poema "O arco da Vella" de Manuel María no seu libro Os soños na gaiola. Recitado polo alumnado de 6.º de Educación Infantil 🌈

xoves, 20 de marzo de 2025

POEMA "O meu barco"

Neste audio poderemos escoitar o alumnado de 3º de Primaria recitando o poema "O meu barco" de Manuel María, recollido no seu libro Os soños na gaiola.

POEMA "Eu en ti"

Poema "Eu en ti" de Celso Emilio Ferreiro no seu libro O soño sulagado, recitado polo alumnado de cuarto curso de Educación Primaria.

POEMA "A primavera"

Poema "A primavera" de Antonio García Teixeiro no seu libro As catro estacións. Recitado polo alumnado de 5.º de Educación Infantil 🌷🌸🌹🌺🌻🌼

mércores, 19 de marzo de 2025

FRAGMENTO DUN POEMA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Fragmento dun poema de Antonio García Teixeiro recitado polo alumnado de 5.º de Educación Infantil.🐦

POEMA "O neno e o xabarín"

Poema "O neno e o xabarín" de Xosé Lois García no seu libro A figueira lingoreteira. Recitado polo alumnado de 5.º de Educación Infantil.

REVISTA ESCOLAR

Ao longo deste curso vivimos momentos inesquecibles cheos de aprendizaxes, esforzo, creatividade e convivencia. Como cada ano, editamos a no...