sábado, 20 de xuño de 2026

REVISTA ESCOLAR

Ao longo deste curso vivimos momentos inesquecibles cheos de aprendizaxes, esforzo, creatividade e convivencia. Como cada ano, editamos a nosa revista "A Voz do San Luís", onde cada fotografía recolle unha pequena parte das experiencias compartidas no noso colexio, nas excursións, nos proxectos e nas celebracións que nos fixeron medrar tanto a nivel académico como persoal. Estas imaxes son un recordo dos retos superados, das amizades fortalecidas e de todos os instantes que converteron este ano nunha etapa especial que gardaremos con agarimo na memoria 💖



🌞FELIZ VERÁN 🌞

TRADICIÓN DE SAN XOÁN

Como sabedes, chega unha das festas grandes de Carballo, a celebración do San Xoán🔥 Por este motivo, as nenas e nenos de Educación Infantil e Educación Primaria participaron nunha actividade para coñecer e vivir unha tradición galega como é a recollida de herbas de San Xoán 🌱🌿🌺🌾🌷e a preparación da auga para lavar a cara 💦💦

Así, tiveron a oportunidade de coñecer as plantas máis representativas desta época, explorando as súas cores, aromas e características. Despois da recollida, preparamos a auga de San Xoán para lavar a cara. Achegamos así ao alumnado ás nosas raíces, costumes e tradicións, fomentando o respecto polo patrimonio cultural, o contacto coa natureza e a aprendizaxe a través da participación activa e da experimentación.

xoves, 18 de xuño de 2026

PASEANDO POR GALICIA

O alumnado de 5.º de Educación Infantil estivo traballando, ao longo deste curso, no proxecto “Paseando por Galicia”, unha viaxe de aprendizaxe pola nosa terra na que descubriron a riqueza cultural, histórica e paisaxística que nos rodea.

Comezamos coñecendo a nosa contorna máis próxima, Carballo, investigando os seus lugares máis representativos e valorando o patrimonio que temos ao noso arredor. A partir desta primeira parada, continuamos a nosa viaxe por Galicia visitando e coñecendo as provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, achegándonos aos seus monumentos, tradicións, espazos naturais e elementos máis destacados.

Como peche deste proxecto, o alumnado elaborou un vídeo final no que recollen todo o aprendido e onde nos amosan os lugares que descubriron durante este “paseo” por Galicia.

Foi unha experiencia moi enriquecedora na que aprenderon, investigaron e traballaron en equipo, ao mesmo tempo que reforzaron o coñecemento e o orgullo pola nosa terra 💚


REVISTA ESCOLAR

Ao longo deste curso vivimos momentos inesquecibles cheos de aprendizaxes, esforzo, creatividade e convivencia. Como cada ano, editamos a no...