Preme na imaxe para dar cunha chea de recursos do Nadal en Galicia.
Blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo)
Etiquetas
- Castelao
- Ciencia en galego
- Contos en galego
- Día da Paz
- Día da Poesía
- Día do Libro
- Entroido
- Herbas de San Xoán
- Intercambio de cartas
- Lecturas
- Letras Galegas
- Nadal
- Poesía
- Proxecto "A nosa casa da vila"
- Regueifa
- Revista escolar
- Rosalía de Castro
- Saídas
- Salón do Libro
- Samaín
- Semana do Libro
- Xogos en galego
mércores, 20 de decembro de 2023
NA PROCURA DO XESTAL
Para rematar as conmemoracións a Carlos Díaz no Ano do Xestal, a Concellería de Normalización Lingüística, Arquivos e Bibliotecas propuxonos asistir a un espectáculo da man do grupo de teatro Galeatro. E alá fomos co alumnado de 3º e 4º de E.P o pasado 27 de novembro!
"Na procura do Xestal" concibíase deste xeito: Charlie e Charles son detectives con avós galegos que actualmente residen en Inglaterra Xuntos forman a prestixiosa axencia privada de investigación “Chá-Chá...Chá” na que resolven os casos máis inverosímiles. Desta volta chegoulle unha encarga moi importante para eles: investigar sobre quen era realmente o Xestal xa que en Inglaterra quérenlle facer unha gran homenaxe. Despois de analizar, libros, canción e contos varios descobren unha nota de prensa onde aparecen un monte de nenos cantándolle ó Xestal polo que deciden pedir axuda aos nenos e nenas de 3º e 4º para levar a cabo a súa investigación.
Foi un espectáculo moi divertido do que todos formamos parte.
OBRADOIRO DE REGUEIFA
O pasado 17 de novembro o alumnado de 5º e 6º de E.P. tiveron un obradoiro de Regueira da man de Lupe Blanco e Josinho da Teixeira.
Aquí deixamos unha pequena mostra do que fixemos.
Foi unha experiencia moi divertida e enriquecedora, queremos máis!!
martes, 19 de decembro de 2023
SAMAÍN
Ademais, levamos a cabo unha exposición de cabazas feitas por todo o alumnado que metían MOITO MEDO.
Deixamos unha pequena mostra.
GRAN ESTREA
O Equipo de Dinamización de Lingua Galega do CEIP Xesús San Luis Romero comeza unha nova andaina.
Neste espazo poderedes ver todo canto imos facendo para achegar a lingua e a cultura galega un pouco máis á escola.
Imos comezar cas actividades que fixemos no 1º trimestre.
¡ESTADE BEN ATENTOS!
COMO SERÁ A NOSA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS?
A Semana das Letras Galegas no noso colexio preséntase como unha ocasión especial para achegar ás nenas e nenos á riqueza da nosa lingua e ...
-
Tic, tac, tic, tac ⏰ Chega o tempo de Entroido e, como cada ano, seguiremos os Mandadiños do Meco 🎭 A partir deste venres, estaremos moi a...
-
Como recompensa ao traballo e esforzo das nenas e nenos en crear as súas apócemas, gozamos dun obradoiro de luz negra de Samaín . Alí podiam...
-
Este luns 24 de febreiro conmemoramos no cole o Día de Rosalía 🌺 e estreamos a docu-serie "Unha viaxe pola vida de Rosalía" que...


