sábado, 7 de novembro de 2026

BENVIDO PEPIÑO DE GRES

Esta semana sería o 98 aniversario de Xosé Neira Vilas, así que consideramos que toca recoller o traballo de Begoña Caamaño e comezar a alimentar a parede con información do noso benquerido Pepiño de Gres, a quen se lle dedicará o Día das Letras Galegas 2027.

CAPÍTULO "PANTASMAS" DE CARTAS A LELO

Non queremos esquecer como se celebraban estas datas nas aldeas. Se queredes saber máis buscade na páxina 41 do libro Cartas a Lelo (21ª edición) de Xosé Neira Vilas 📖Achegádevos ao capítulo titulado "Pantasmas", onde se relata como a rapazada preparaba unha cabaza neste tempo de outono 🎃 Poñíanlle unha candea 🕯 e colocábana nunha póla dun piñeiro para asustar a quen pasase daquela hora 👻 Por se iso fose pouco, vestíanse cunha saba branca e actuaban pola noite 🌙🌟

CABAZAS TERRORÍFICAS

Un ano máis, participamos na iniciativa Presume de Xardíns do Concello de Carballo, As cabazas encheron a nosa escola de creatividade, ilusión e tradición! 🎃 Esta celebración tan arraigada na nosa cultura permítenos manter vivas as nosas costumes e transmitirllas ás novas xeracións, ao tempo que colaboramos coas nosas familias.



Grazas a todos os nenos, nenas e familias pola vosa colaboración e implicación, facendo desta actividade un espazo de encontro, aprendizaxe e diversión no que as nosas tradicións cobran vida.

LECTURAS EN GALEGO POLO SAMAGOSTO

Chegou o outono e tamén chegan novas publicacións no blog! 🌰🍂🍄 Benvidas e benvidos a este curso 2026/2027 💛


Comezamos coas lecturas terroríficas do Samagosto!! En colaboración co equipo de biblioteca, seleccionamos lecturas en galego sobre o Samaín.

Que libros seleccionamos? 📖


Se picades na imaxe, podedes ver como se desenvolveu esta actividade:


Tamén se elixiron libros en galego para facer unha exposición temática 🎃👻💀

BENVIDO PEPIÑO DE GRES

Esta semana sería o 98 aniversario de Xosé Neira Vilas , así que consideramos que toca recoller o traballo de Begoña Caamaño e comezar a ali...