Amosando publicacións coa etiqueta Herbas de San Xoán. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Herbas de San Xoán. Amosar todas as publicacións

sábado, 20 de xuño de 2026

TRADICIÓN DE SAN XOÁN

Como sabedes, chega unha das festas grandes de Carballo, a celebración do San Xoán🔥 Por este motivo, as nenas e nenos de Educación Infantil e Educación Primaria participaron nunha actividade para coñecer e vivir unha tradición galega como é a recollida de herbas de San Xoán 🌱🌿🌺🌾🌷e a preparación da auga para lavar a cara 💦💦

Así, tiveron a oportunidade de coñecer as plantas máis representativas desta época, explorando as súas cores, aromas e características. Despois da recollida, preparamos a auga de San Xoán para lavar a cara. Achegamos así ao alumnado ás nosas raíces, costumes e tradicións, fomentando o respecto polo patrimonio cultural, o contacto coa natureza e a aprendizaxe a través da participación activa e da experimentación.

luns, 23 de xuño de 2025

LAVAMOS A CARA CON AUGA DE SAN XOÁN

Seguindo a tradición de San Xoán, o venres lavamos as nosas cariñas coa auga onde repousaron toda a noite as flores e herbas desta época 🌱🌳🌺🌷🌾🌿

mércores, 18 de xuño de 2025

RECOLLIDA DE FLORES E HERBAS DE SAN XOÁN

Na nosa vila, Carballo, festéxase o San Xoán 🔥🐟 É tradición lavar a cara o día 24 con auga na que repousaron herbas de San Xoán 🌿🌸🌻🌼No cole isto imos facelo o venres pero xa comezamos cos preparativos. Hoxe as nenas e nenos de Educación Infantil, fomos en busca de herbas e flores. Atopamos fiuncho, espadanas, malva, bilitroques, romeu... 

TRADICIÓN DE SAN XOÁN

E este venres, seguimos a tradición🔥🔥 Lavaremos a cara con auga de flores de San Xoán 🌿🌸🌻🌼

REVISTA ESCOLAR

Ao longo deste curso vivimos momentos inesquecibles cheos de aprendizaxes, esforzo, creatividade e convivencia. Como cada ano, editamos a no...