martes, 28 de abril de 2026

XOGOS DE MESA EN GALEGO

Como sabedes, no mes de marzo as nenas e nenos de 6.º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de gozar dunha actividade titulada "Recreos en galego" ofertada pola Secretaría Xeral da Lingua e impartido por Brazolinda.

Deixáronnos diferentes xogos de mesa en galego para o centro e, fai uns días, as nenas e nenos de 5.º de Educación Primaria empregáronos para aprender como se xoga a eles, traballar sobre o texto instrutivo... e todo isto en lingua galega! 💙










"Os xogos de mesa non só entreteñen, senón que crean espazos de encontro, aprendizaxe e comunicación" Reiner Knizia

Ningún comentario:

Publicar un comentario

EXPOÑEMOS OS NOSOS LIBROS NA SEMANA DO LIBRO

O 23 de abril celebrouse o Día do Libro 📚 polo que as nenas e nenos de todo o centro tiveron a oportunidade de asistir a unha exposición ...