venres, 24 de outubro de 2025

APÓCEMAS DE SAMAÍN

Dende o EDLG, outorgamos ao noso alumnado unha misión moi importante para este Samaín: converterse en bruxas e arrepiantes ogros. Para que? Para elaborar apócemas segredas coas que, cun só grolo, acontezan cousas máxicas neste outubro🎃👺

Cada neno/a ou por grupos, escribiu a súa apócema neste pote, traballando así vocabulario propio desta época do ano:


Queredes ver o resultado? Pois teredes que agardar uns días. Polo momento, estamos a botar nel todos os ingredientes necesarios e remexendo para que logren provocar os feitizos.

Como recompensa ás bruxas e ogros do noso colexio, preparamos unha sesión de luz negra para este mércores 29 💀👻Xa vos amosaremos como foi a experiencia!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENVIAMOS POSTAIS POLO NADAL

Este Nadal convidamos ás diferentes aulas do noso colexio a escribir postais en galego 🎅 Dirixímolas a diferentes asociacións e entidades d...