xoves, 3 de abril de 2025

RECIBIMOS NOVOS MATERIAIS DOS COMPIS DE RUS

Hoxe na aula de 5.º de Educación Infantil recibiron novos materiais dos compañeiros/as do CEIP Canosa-Rus, pois seguen a coñecer moitas cousas sobre a aldea e a vila.

Sabedes que lles enviaron desta volta?

🌿Unha carta

🌿Un mural sobre o proceso do millo e a elaboración da fariña

🌿Un carro feito coa impresora 3D

🌿Depresores para facer un acróstico coa palabra ALDEA

🌿Dous códigos QR:

  • Un que enlazaba cunha obra de teatro sobre os animais da granxa onde os nenos e nenas se presentaban. Podedes acceder a ela facendo clic aquí.
  • Outro que lles permitiu escoitar unha pequena pandeiretada que eles/as mesmos/as gravaron na radio. Podedes escoitala aquí.


Aquí podedes ver unha nube de palabras co vocabulario traballado:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

QUE APRENDEMOS SOBRE O FÓRUM?

Dentro do  proxecto "A nosa casa da vila"  sobre o que traballan este trimestre os nenos e nenas de  5.º de Educación Infantil , t...