luns, 14 de abril de 2025

ELABORACIÓN DE PIZZA E OBRADOIRO DE LUZ NEGRA

Lembrades que as nenas e nenos do CEIP Canosa-Rus, compartiron coa nosa aula de 5.º de Educación Infantil un pouco de fariña e un mural sobre o seu proceso de elaboración? Pois ben, remataron o trimestre facendo uso dela para elaborar pizza para merendar xunto cos seus amiguiños e amiguiñas das aulas de 3 e 5 anos 💖


Ademais, aproveitando que a través do proxecto "A nosa casa da vila" estiveron a estudar sobre as galiñas 🐔 e relacionándoo coa época da pascua onde son típicos os ovos, gozaron dun obradoiro de luz negra onde tiñan ovos pintados con pintura que brila con este tipo de luz e moitas outras propostas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

COMO SERÁ A NOSA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS?

A Semana das Letras Galegas no noso colexio preséntase como unha ocasión especial para achegar ás nenas e nenos á riqueza da nosa lingua e ...