martes, 11 de febreiro de 2025

RUTA LITERARIA - 5.º E 6.º EP

Hoxe o alumnado de 5.º e 6.º de Educación Primaria participou na actividade "Ruta literaria" ofertada polo Concello de Carballo. Correu a cargo de Hadrián García, quen guiou o percorrido polos seguintes lugares:

  • Rúa da Saúde, onde se atopa unha imaxe do poeta e zapateiro que dá nome ao noso colexio.
  • Praza de Galicia con visita á ferretería Pedrouzo, onde contaron un chiste de Carlos Díaz O Xestal.
  • Rúa Coruña, onde está a estatua de Alfredo Brañas.
  • Mercado de Carballo.
  • Chocolates Mariño.

Para rematar, visitaron a exposición "Mulleres guerrilleiras: investigadoras de Carballo" situada na rúa Coruña 🔍🦴🌿🌱

Deixámosvos un vídeo rescatado do blog A nosa fiestra, onde se recollen unhas fermosas imaxes desta actividade 😊


Grazas ao Concello de Carballo e a Hadrián por esta iniciativa 👏👏

Ningún comentario:

Publicar un comentario

RUTA LITERARIA - 5.º E 6.º EP

Hoxe o alumnado de 5.º e 6.º de Educación Primaria participou na actividade "Ruta literaria" ofertada polo Concello de Carballo....