xoves, 20 de febreiro de 2025

ESTREA DA DOCU-SERIE "UNHA VIAXE POLA VIDA DE ROSALÍA"

Como sabedes, o domingo 23 de febreiro, celébrase o Día de Rosalía🌺polo que levamos días de rodaxe, gravando algo moi especial que queremos compartir con todos/as vós!!

Marcade esta data no voso calendario, luns 24 de febreiro do 2025, pois estreamos a DOCU-SERIE "Unha viaxe pola vida de Rosalía". Haberá dous pases:

📽Ás 12.15h para o alumnado e persoal do centro.

📽Ás 13.15h para as familias.




Agardámosvos!! 💗 Os vosos nenos e nenas estarán encantados de que veñades ver o que prepararon con tanto esforzo e ilusión 🌟

Ningún comentario:

Publicar un comentario

REVISTA "A VOZ DO SAN LUÍS" 2024/2025

Como cada ano, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega editamos a revista "A Voz do San Luís" que recolle un pouquiño do v...