venres, 21 de febreiro de 2025

ASÍ FALAMOS EN CARBALLO

Ao logo do primeiro trimestre, estivemos a facer unha pequena recollida de palabras en galego propias de Carballo. É unha proposta en colaboración co Concello de Carballo, no que tamén participaron os nosos compañeiros e compañeiras do CEIP Gándara-Sofán.

Distribuíndo as palabras en forma de landra, prepararon para cada un/unha de nós unha fermosa mochila 💛 Hoxe, Día Internacional da Lingua Materna, recibímolas no noso colexio👜

Moitísimas grazas ao Concello de Carballo por ofrecernos a posibilidade de participar nesta actividade tan fermosa 😍


Ningún comentario:

Publicar un comentario

SEGUIMOS OS MANDADIÑOS DA MADAMITA

Como sabedes, a meca deste Entroido no CEIP Xesús San Luís Romero disfrazouse de madamita . Cada día facíanos un mandadiño co que debiamos ...