Este febreiro, o traballo sobre Rosalía de Castro estivo moi presente nas nosas aulas pois foi, é e seguirá sendo un símbolo fundamental da cultura galega.
Traballamos sobre a súa vida e obra, coñecemos quen foi Rosalía de Castro, por que é tan relevante para Galicia e como, a través dos seus textos, defendeu a nosa lingua e deu voz aos sentimentos e ás inquedanzas do pobo galego.
A continuación podedes ver algunhas das actividades que se desenvolveron.
💙Na aula de 5.º de Educación Infantil crearon obras plásticas a partir da cara de Rosalía de Castro.
💙Na aula de 6.º de Educación Infantil fixeron unha interpretación do poema cantado "Eu ben vin estar o moucho" que tanto lles gusta aos nenos e nenas. Ademais, traballaron sobre a flor preferida de Rosalía, os pensamentos, creándoos con pasta de modelar para formar imáns.
💙Na aula de 2.º de Educación Primaria fixeron un xardín de palabras de Rosalía. Primeiro leron os seus poemas e despois elixiron unha palabra significativa de cada un para escribila nunha flor.
Para ver máis da actividade, facede clic aquí para acceder ao seu blog: https://osartistasdosanluis.blogspot.com/2026/02/o-xardin-de-rosalia.html
💙Na aula de 3.º de Educación Primaria participaron nunha actividade proposta polo Concello de Carballo que consistía nunha visita ao Parque de Rosalía en Carballo. Durante o roteiro gozaron de pequenas explicacións orais e levaron a cabo dinámicas participativas, como descubrir datos da vida e obra da autora ou dar uns pequenos pasos de baile.



.jpg)
.jpg)



Ningún comentario:
Publicar un comentario