venres, 27 de marzo de 2026

ESTAMOS DE PARABÉNS

Lembrades o proxecto que se desenvolveu o curso pasado entre a nosa aula de 5.° de Educación Infantil e a aula de 4.° de Educación Primaria do CEIP Canosa-Rus?

Algo que comezou cun intercambio de cartas en lingua galega, rematou sendo algo grande titulado "Non sempre se pace onde se nace", un proxecto conxunto formado por "A nosa casa da vila" e "A nosa casa da aldea". Logo de presentalo ao XI Concurso de traballo por proxectos coordinados ou co apoio da biblioteca escolar, resultamos gañadores na categoría intercentros 🎊🎉

O fío condutor foi a historia de Maruxa e Coralia, dúas mulleres inmigrantes que chegaron de América a Galicia en busca de novas oportunidades. Se queredes saber máis, podedes ver as actividades levadas a cabo aquí.

Podedes ver a resolución desta convocatoria nesta ligazón.

Tamén saímos en webs da Xunta de Galicia e en diferentes xornais.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

FOLIADA LETRAS GALEGAS

Rematamos a nosa Semana das Letras Galegas por todo o alto. As nenas e nenos de Educación Infantil e Educación Primaria participaron nunha ...