xoves, 5 de xuño de 2025

CANTO PESAN E MIDEN AS VACAS?

Como sabedes, as nenas e nenos do colexio de Rus compartiron co noso alumnado de 5.º de Educación Infantil unhas vacas, uns animais propios da aldea. Coa finalidade de que coñecesen un pouco máis deles, enviaron un panel informativo en lingua galega, así como unhas vacas de cartón ás que poñerán un ubre feito cun guante para muxir 🐄

Dado o interese do alumnado polo tamaño e peso dunha vaca, empregando un metro e unha báscula, realizaron dous gráficos comparativos 👀

Ningún comentario:

Publicar un comentario

COMO SERÁ A NOSA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS?

A Semana das Letras Galegas no noso colexio preséntase como unha ocasión especial para achegar ás nenas e nenos á riqueza da nosa lingua e ...