Esta semana, as nenas e nenos de 5.º de Educación Infantil recibiron unha sorpresa. Atoparon na aula un pano, unha toca e un código QR. Cheos de emoción e intriga, escanearon o código. Sabedes que era? Un audio de Maruxa e Coralia!! 💙 Se queredes escoitalo, premede aquí.
Maruxa e Coralia son as mulleres que están detrás das cartas que recibimos de Landra. Ambas emigraron e volveron a Galicia, debatendo entre elas se era mellor vivir na vila ou na aldea. É así, que convidaron ao CEIP Canosa Rus a estudar sobre a aldea e a nós sobre a vila, chegando á conclusión de que ambas teñen aspectos moi positivos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario