mércores, 12 de marzo de 2025

PRESENTAMOS CHOCOLATES MARIÑO

Na aula de 5.º de Educación Infantil seguen avanzando no seu proxecto "A nosa casa da vila" co que estudan sobre Carballo. Desta volta, coñeceron a tenda carballesa Chocolates Mariño 🍫

  • Experimentaron canto pesa unha tableta de cacao en po.
  • Buscaron en Google Lens sobre os grans de cacao.
  • Uliron grans de cacao.
  • Coñeceron ás persoas de Chocolates Mariño, asociando coa imaxe os catro nomes. Falaron sobre o papel de Teresa, Carmen e María como mulleres traballadoras merecedoras dunha mención especial porque o 8 de marzo foi o Día da Muller.
  • Completaron o mural sobre esta tenda, coñecendo paso a paso o proceso de elaboración dunha tableta de chocolate.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

COMEZAN OS MANDADIÑOS

Hoxe xa loce de Entroido a entrada do colexio!! 🎭 A nosa meca xa está preparada para deleitarnos cos seus mandadiños  a partir do luns! Q...