luns, 28 de abril de 2025

SAÍDA AO ECOMUSEO FORNO DO FORTE

O martes 22 de abril, o alumnado de Educación Infantil realizou unha saída ao Ecomuseo Forno do Forte en Buño, Malpica de Bergantiños.

  • Coñeceron a labor dos oleiros, unha profesión tradicional onde realizan de xeito artesán pezas con barro.
  • Participaron nun obradoiro de barro.
  • Coñeceron e repasaron vocabulario variado en lingua galega, como: pía, cabazo, pote...
  • Observaron imaxes antigas onde se podían observar, por exemplo, mulleres levando pezas de barro á feira de Carballo.
Aproveitarán esta actividade, para compartir imaxes co alumnado do CEIP Canosa-Rus, pois nelas pódese observar como era a vida na aldea fai anos.

mércores, 23 de abril de 2025

MOKO (9 - 10 anos)

 

BOA SORTE (9 - 10 anos)

 

O TEMPO DO REVÉS (7 - 8 anos)

 

A CASA MÁIS ANIMADA DO MUNDO (7 - 8 anos)

 

O DRAGÓN COMEMEDO (4 - 6 anos)

 

UN DÍA DE TREBOADA (4 - 6 anos)

 

NUBE BRANCA QUERE SER ASTRONAUTA (4 - 6 anos)

 

A BRUXA REGAÑADENTES

 


A CASA DA MOSCA CHOSCA

 


A QUE SABE A LÚA?



PACO PAPÁN

 


CORRE CORRE, CABACIÑA

 


OS TRES PORQUIÑOS


 

COCORICO


 

luns, 14 de abril de 2025

SEMANA DO LIBRO

Como sabedes, o 23 de abril conmemórase o Día do Libro 📖 polo que aproveitaremos este blog para difundir libros ou vídeo-libros en galego.

Felices lecturas! 💗

ELABORACIÓN DE PIZZA E OBRADOIRO DE LUZ NEGRA

Lembrades que as nenas e nenos do CEIP Canosa-Rus, compartiron coa nosa aula de 5.º de Educación Infantil un pouco de fariña e un mural sobre o seu proceso de elaboración? Pois ben, remataron o trimestre facendo uso dela para elaborar pizza para merendar xunto cos seus amiguiños e amiguiñas das aulas de 3 e 5 anos 💖


Ademais, aproveitando que a través do proxecto "A nosa casa da vila" estiveron a estudar sobre as galiñas 🐔 e relacionándoo coa época da pascua onde son típicos os ovos, gozaron dun obradoiro de luz negra onde tiñan ovos pintados con pintura que brila con este tipo de luz e moitas outras propostas.

luns, 7 de abril de 2025

QUE APRENDEMOS SOBRE O FÓRUM?

Dentro do proxecto "A nosa casa da vila" sobre o que traballan este trimestre os nenos e nenas de 5.º de Educación Infantil, tamén estudaron sobre o FÓRUM CARBALLO. Ollade o vídeo para saber que é este edificio situado preto do noso colexio.

sábado, 5 de abril de 2025

DÍA DA POESÍA E DÍA DA ÁRBORE

Como sabedes, o pasado 21 de marzo celebrouse o Día da Poesía e o Día da Árbore 🌳 polo que demos continuidade a unha actividade realizada en anos anteriores.

Recitamos poemas en galego, subímolos ao blog (podedes escoitalos facendo clic aquí) e xeramos un código QR que incluímos nos carteis que elaboramos. Estes, atópanse pendurados nas árbores da contorna do noso colexio para que todas as familias do centro e veciños de Carballo poidan gozar deles 💖

QUE APRENDEMOS SOBRE CHOCOLATES MARIÑO?

Dentro do proxecto "A nosa casa da vila" sobre o que traballan este trimestre os nenos e nenas de 5.º de Educación Infantil, tamén estudaron sobre CHOCOLATES MARIÑO, unha fábrica de chocolate da nosa vila onde aínda conservan o proceso tradicional de elaboración do chocolate 🍫

QUE APRENDEMOS SOBRE A TENDA DE MARINA?

Dentro do proxecto "A nosa casa da vila" que desenvolve o alumnado de 5.º de Educación Infantil, coñecen diferentes lugares de Carballo. Velaquí un pequeno vídeo sobre A TENDA DE MARINA situada preto do noso colexio.

xoves, 3 de abril de 2025

RECIBIMOS NOVOS MATERIAIS DOS COMPIS DE RUS

Hoxe na aula de 5.º de Educación Infantil recibiron novos materiais dos compañeiros/as do CEIP Canosa-Rus, pois seguen a coñecer moitas cousas sobre a aldea e a vila.

Sabedes que lles enviaron desta volta?

🌿Unha carta

🌿Un mural sobre o proceso do millo e a elaboración da fariña

🌿Un carro feito coa impresora 3D

🌿Depresores para facer un acróstico coa palabra ALDEA

🌿Dous códigos QR:

  • Un que enlazaba cunha obra de teatro sobre os animais da granxa onde os nenos e nenas se presentaban. Podedes acceder a ela facendo clic aquí.
  • Outro que lles permitiu escoitar unha pequena pandeiretada que eles/as mesmos/as gravaron na radio. Podedes escoitala aquí.


Aquí podedes ver unha nube de palabras co vocabulario traballado:

martes, 1 de abril de 2025

EXPLICAMOS AOS NENAS E NENOS DE RUS COMO REXISTRAR O GALIÑEIRO

Estes días, na aula de 5.º de Educación Infantil puxéronse mans á obra para escribir unha nova carta aos compañeiros/as de 4.º de Educación Primaria do CEIP Canosa-Rus 💌 Nela contáronlles como poden rexistrar as galiñas, pois na súa aldea teñen galiñeiros 🐔

Ademais, aproveitaron para poñer unhas galiñas a chocar 🥚🐔🥚

REVISTA "A VOZ DO SAN LUÍS" 2024/2025

Como cada ano, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega editamos a revista "A Voz do San Luís" que recolle un pouquiño do v...