xoves, 28 de novembro de 2024

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Como sabedes, novembro é o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. Este martes 26, tivemos a sorte de que nos visitasen tres científicos/as: Armand, Laura e Uxía, que forman parte do Grupo de Investigación en Cambio Ambiental (GRICA)🌿🌱

Participamos en diferentes obradoiros de ciencia en galego:

🍃3.º, 4.º, 5.º e 6.º de Educación Primaria asistiron a unha charla sobre que é o GRICA e en que consiste o seu traballo.

🍃Educación Infantil, 1.º e 2.º de Educación Primaria, participaron nun obradoiro de fósiles.

Velaquí unha pequena mostra dun día do máis científico no noso colexio:

En mostra do noso agradecemento por compartir o seu tempo con nós, agasallámolos cunha pequena mostra de produtos típicos de Carballo: chocolate Mariño, conservas Calvo, pan e pan de ovo.

Moitas grazas Armand, Laura e Uxía, por achegar a ciencia aos nosos nenos e nenas 💖

Ningún comentario:

Publicar un comentario

SEMANA DO LIBRO

Como sabedes, o  23 de abril  conmemórase o  Día do Libro  📖 polo que aproveitaremos este blog para difundir libros ou vídeo-libros en gale...