Este Nadal convidamos ás diferentes aulas do noso colexio a escribir postais en galego🎅 Dirixímolas a diferentes asociacións e entidades da nosa contorna e nelas desexámoslles un BO NADAL e un FELIZ 2026 cheo de momentos máxicos para compartir🎄
Blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo)
Etiquetas
- Castelao
- Ciencia en galego
- Contos en galego
- Día da Paz
- Día da Poesía
- Día do Libro
- Entroido
- Herbas de San Xoán
- Intercambio de cartas
- Lecturas
- Letras Galegas
- Nadal
- Poesía
- Proxecto "A nosa casa da vila"
- Regueifa
- Revista escolar
- Rosalía de Castro
- Saídas
- Salón do Libro
- Samaín
- Semana do Libro
- Xogos en galego
xoves, 18 de decembro de 2025
ENVIAMOS POSTAIS POLO NADAL
mércores, 19 de novembro de 2025
OBRADOIRO DE LUZ NEGRA DE SAMAÍN
Como recompensa ao traballo e esforzo das nenas e nenos en crear as súas apócemas, gozamos dun obradoiro de luz negra de Samaín. Alí podiamos atopar tres propostas:
👻Crea o teu castelo encantado con Connetix.
👻Escribe unha palabra terrorífica en galego sobre siluetas de Samaín.
👻Fai un mural de medo.
Se queredes ver que xornada tan divertida pasamos, iniciade este vídeo 👽
mércores, 5 de novembro de 2025
LIBRO APÓCEMAS DE SAMAÍN
Chegou o día!! Velaquí está o libro que creamos entre todos os nenos e nenas do noso colexio con apócemas de Samaín, para o que traballamos con vocabulario sobre a temática en lingua galega.
Agardamos que vos sexan útiles para cumprir os vosos arrepiantes desexos👺💀🎃📖 Lembrade que, logo de botar todos os ingredientes no pote, é moi importante remexer ben. Consello de bruxas e ogros!
venres, 24 de outubro de 2025
APÓCEMAS DE SAMAÍN
Dende o EDLG, outorgamos ao noso alumnado unha misión moi importante para este Samaín: converterse en bruxas e arrepiantes ogros. Para que? Para elaborar apócemas segredas coas que, cun só grolo, acontezan cousas máxicas neste outubro🎃👺
Cada neno/a ou por grupos, escribiu a súa apócema neste pote, traballando así vocabulario propio desta época do ano:
Queredes ver o resultado? Pois teredes que agardar uns días. Polo momento, estamos a botar nel todos os ingredientes necesarios e remexendo para que logren provocar os feitizos.
Como recompensa ás bruxas e ogros do noso colexio, preparamos unha sesión de luz negra para este mércores 29 💀👻Xa vos amosaremos como foi a experiencia!
RECURSOS SOBRE O SAMAÍN
A primeira conmemoración deste curso é o Samagosto, o Samaín e o Magosto 🎃🌰 Imos recuperar un Symbaloo de recursos creado o curso pasado e que fomos ampliando, para que poidades botar man del dende as aulas.
Que ides atopar?
🍐En verde, xogos interactivos
🍇En morado, materiais imprimibles
🎃En laranxa, contos e cancións
🌰En marrón, receitas de Samaín
Fai clic nesta imaxe para acceder a el:
COMEZAMOS UNHA NOVA AVENTURA. ACOMPAÑÁDESNOS?
Comezamos un novo curso neste blog, unha xaneliña na que vos amosaremos as actividades organizadas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega ou calquera outra na que participemos, recursos en lingua galega, novas interesantes...
Acompañádesnos? 💙
luns, 23 de xuño de 2025
LAVAMOS A CARA CON AUGA DE SAN XOÁN
Seguindo a tradición de San Xoán, o venres lavamos as nosas cariñas coa auga onde repousaron toda a noite as flores e herbas desta época 🌱🌳🌺🌷🌾🌿
REVISTA ESCOLAR
Ao longo deste curso vivimos momentos inesquecibles cheos de aprendizaxes, esforzo, creatividade e convivencia. Como cada ano, editamos a no...
-
Tic, tac, tic, tac ⏰ Chega o tempo de Entroido e, como cada ano, seguiremos os Mandadiños do Meco 🎭 A partir deste venres, estaremos moi a...
-
Como recompensa ao traballo e esforzo das nenas e nenos en crear as súas apócemas, gozamos dun obradoiro de luz negra de Samaín . Alí podiam...
-
Ao longo deste curso vivimos momentos inesquecibles cheos de aprendizaxes, esforzo, creatividade e convivencia. Como cada ano, editamos a no...


.png)

