xoves, 19 de decembro de 2024

COMPLETAMOS A NOSA ÁRBORE DE NADAL

Lembrades a árbore de Nadal que iamos facer baixo o lema "Por un Nadal en galego"? 🎄❄ Agora xa está completa con fermosas palabras en galego relacionadas coa temática.

Ademais, incluímos no noso taboleiro, as estrofas da canción de Nadal. Se non escoitastes as 4 versións que elaboramos, facede clic aquí.





venres, 13 de decembro de 2024

CANCIÓN DE NADAL

Para este Nadal, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, propuxemos a elaboración dunha estrofa por aula para a creación dunha canción de xeito colaborativo 🎵 Ofrecemos unha listaxe de posibles palabras relacionadas coa temática, elaboramos as estrofas e, empregando a aplicación "Suno" de intelixencia artificial, creamos a canción.

Coa mesma letra xeramos diferentes cancións variando o estilo musical. Como non nos decidiamos por unha para que soase na megafonía ás entradas e saídas do colexio, escoitaremos as catro. Poñede atención e gozade delas!! 😍

Velaquí volas deixamos para que tamén poidades escoitalas na casa:

xoves, 12 de decembro de 2024

RECURSOS EN GALEGO SOBRE O NADAL

Boa tarde a todos e todas!! Queremos aproveitar esta xaneliña para amosarvos un Symbaloo de recursos sobre a festividade do Nadal en Galicia. Facede clic na imaxe para acceder a el 🎄🎅

mércores, 11 de decembro de 2024

POR UN NADAL EN GALEGO

Chega decembro e con el o tempo de Nadal 🎄dende o EDLG preparamos esta árbore e cada un/unha de nós colaborará na súa decoración con adornos en galego. Nuns días amosarémosvos o resultado! 😍


Ademais, estes días estamos a elaborar as nosas cartas de Nadal. Para iso botamos man da proposta elaborada dentro do Programa Apego🎅 Se facedes clic na seguinte ligazón podedes acceder a ela, así como tamén á proposta de agasallos non materiais e escritos en lingua galega: http://apego.gal/carta-apego-aos-seres-maxicos-nadal/

martes, 10 de decembro de 2024

COMEZAMOS UN PROXECTO SOBRE CARBALLO

Hoxe, na aula de 5.º de Educación Infantil, recibiron unha caixa sorpresa! Dentro había unhas follas, unhas fotos e unha carta que lles pedía axuda ás nenas e nenos para descubrir o nome da vila á que pertencían esas imaxes. Tiveron que descifrar un código segredo que contiña a palabra CARBALLO.

Deste xeito, comezan unha nova aventura co proxecto "A nosa casa da vila" co que aprenderán unha chea de cousas sobre o entorno máis próximo. 

xoves, 28 de novembro de 2024

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Como sabedes, novembro é o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. Este martes 26, tivemos a sorte de que nos visitasen tres científicos/as: Armand, Laura e Uxía, que forman parte do Grupo de Investigación en Cambio Ambiental (GRICA)🌿🌱

Participamos en diferentes obradoiros de ciencia en galego:

🍃3.º, 4.º, 5.º e 6.º de Educación Primaria asistiron a unha charla sobre que é o GRICA e en que consiste o seu traballo.

🍃Educación Infantil, 1.º e 2.º de Educación Primaria, participaron nun obradoiro de fósiles.

Velaquí unha pequena mostra dun día do máis científico no noso colexio:

En mostra do noso agradecemento por compartir o seu tempo con nós, agasallámolos cunha pequena mostra de produtos típicos de Carballo: chocolate Mariño, conservas Calvo, pan e pan de ovo.

Moitas grazas Armand, Laura e Uxía, por achegar a ciencia aos nosos nenos e nenas 💖

martes, 12 de novembro de 2024

Conto "Lúa" da Editorial Kalandraka

Un éxito entre os/as máis pequenos/as do colexio, son os contos da colección "Do berce á lúa" da editorial Kalandraka. Hoxe, as nenas e nenos de 5.º de Educación Infantil leron o titulado "Lúa" e quixeron agasallarnos cun vídeo 🌙😍 A través desta actividade, traballaron vocabulario sinxelo en lingua galega.

REVISTA ESCOLAR

Ao longo deste curso vivimos momentos inesquecibles cheos de aprendizaxes, esforzo, creatividade e convivencia. Como cada ano, editamos a no...