xoves, 28 de novembro de 2024

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Como sabedes, novembro é o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. Este martes 26, tivemos a sorte de que nos visitasen tres científicos/as: Armand, Laura e Uxía, que forman parte do Grupo de Investigación en Cambio Ambiental (GRICA)🌿🌱

Participamos en diferentes obradoiros de ciencia en galego:

🍃3.º, 4.º, 5.º e 6.º de Educación Primaria asistiron a unha charla sobre que é o GRICA e en que consiste o seu traballo.

🍃Educación Infantil, 1.º e 2.º de Educación Primaria, participaron nun obradoiro de fósiles.

Velaquí unha pequena mostra dun día do máis científico no noso colexio:

En mostra do noso agradecemento por compartir o seu tempo con nós, agasallámolos cunha pequena mostra de produtos típicos de Carballo: chocolate Mariño, conservas Calvo, pan e pan de ovo.

Moitas grazas Armand, Laura e Uxía, por achegar a ciencia aos nosos nenos e nenas 💖

martes, 12 de novembro de 2024

Conto "Lúa" da Editorial Kalandraka

Un éxito entre os/as máis pequenos/as do colexio, son os contos da colección "Do berce á lúa" da editorial Kalandraka. Hoxe, as nenas e nenos de 5.º de Educación Infantil leron o titulado "Lúa" e quixeron agasallarnos cun vídeo 🌙😍 A través desta actividade, traballaron vocabulario sinxelo en lingua galega.

venres, 8 de novembro de 2024

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

O mes de novembro é o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Por iso, o martes 26 imos recibir a visita de dous membros do GRICA (Grupo de Investigación en Cambio Ambiental).

Velaquí o cartel informativo. Con Armand e Uxía gozaremos dun obradoiro de fósiles en lingua galega:

xoves, 7 de novembro de 2024

CALIGRAMA TERRORÍFICO

Bo día a todos e a todas!! Como sabedes, este Samaín traballamos sobre diferentes figuras tradicionais galegas relacionadas coa temática. Informámonos a través do Genial.ly e realizamos as actividades interactivas. Tamén elaboramos, entre as diferentes aulas do colexio, un caligrama colaborativo con palabras en galego relacionadas con esta festividade. Como vedes, fixémolo en base á silueta da bruxa dos dentes verdes.


A seguir escribindo historias terrorificamente felices 🎃👻 Grazas pola vosa participación!!

martes, 5 de novembro de 2024

LECTURAS TERRORÍFICAS EN GALEGO

Estes días, as familias de Educación Infantil tiveron a oportunidade de vir ao colexio lernos un conto terrorífico 🎃👻 Velaquí unhas imaxes das fermosas, pero arrepiantes, historias que tivemos a oportunidade de escoitar. E sabedes que? Eran historias en galego!!


Moitísimas grazas familias pola vosa colaboración💖

venres, 25 de outubro de 2024

SYMBALOO SAMAÍN

Velaquí vos deixamos un Symbaloo de recursos para este Samaín🎃 Atoparédelos organizados por cores que fan referencia ás seguintes categorías:

        🍐Verde: Xogos interactivos

        🍇Morado: Materiais imprimibles

        🎃Laranxa: Contos e cancións

        🌰Marrón: Receitas de Samaín

Pica na imaxe, para acceder:

xoves, 24 de outubro de 2024

SAMAÍN 2024

Benvidas e benvidos de novo ao blog Moita lingua!! Un ano máis, aproveitaremos este pequeno recuncho para proporcionar recursos en lingua galega sobre as diferentes festividades, novas interesantes ou calquera recurso ou material relacionado.

Estade moi atentos/as, pois tamén penduraremos vídeos e imaxes das diferentes actividades que levemos a cabo no centro.

Sen máis, comezamos!! Contarvos que este curso, polo Samaín, imos traballar sobre diferentes figuras tradicionais:

  • Tardo.
  • Gatipedro.
  • Bruxa dos dentes verdes.
  • Tía Xoana.

Velaquí tedes un Genial.ly onde atoparedes moita información sobre estas personaxes e, ao mesmo tempo, unhas preguntas interactivas:

REVISTA ESCOLAR

Ao longo deste curso vivimos momentos inesquecibles cheos de aprendizaxes, esforzo, creatividade e convivencia. Como cada ano, editamos a no...