luns, 4 de maio de 2026

POR TI, BEGOÑA CAAMAÑO

Begoña Caamaño foi unha escritora e xornalista que amou contar historias diferentes, nas que as mulleres eran valentes, cursiosas e protagonistas das súas propias aventuras. Naceu en Galicia, traballou na radio e na televisión e tamén escribiu libros moi especiais nos que mesturaba a historia coas emocións e a imaxinación. 

Co gallo das Letras Galegas 2026, lembrámola como unha autora que nos invita a pensar, a facer preguntas e a descubrir o mundo con ollos atentos e corazón aberto.

Para traballar sobre a súa vida e obra contamos con materiais moi interesantes publicados na web O Portal da Lingua Galega. Unha mostra son os carteis e a guía didáctica que se elaboran cada ano e que este 2026 pertencen ao CEIP Plurilingüe Ribadavia (Ourense). Dende o noso centro, enviámoslles os nosos parabéns por tan fermoso traballo 👏🏆

💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙


CARTEIS


GUÍA DIDÁCTICA

martes, 28 de abril de 2026

EXPOÑEMOS OS NOSOS LIBROS NA SEMANA DO LIBRO

O 23 de abril celebrouse o Día do Libro 📚 polo que as nenas e nenos de todo o centro tiveron a oportunidade de asistir a unha exposición dos libros creados a partir das propostas do EDLG. Cada un deles estaba acompañado dunha bandexa sensorial ou proposta interactiva.

📚Libro "Apócemas de Samaín" acompañado dunha bandexa de experimentación con trasbases de líquidos e ingredientes variados: cabazas, ollos, cogomelos, plumas... todo o necesario para crear as nosas apócemas!!

📚Libro "Receitas de Entroido", con proposta de ulido de canela ou esencia de anís, fariña e auga para facer masa e incluso un exprimidor para sacar zume ás laranxas e limóns, ingredientes imprescindibles para facer saborosas sobremesas no Entroido.

📚Libro "O noso libro poético" cunha proposta interactiva para ler poemas usando un cono de papel ou o micrófono, en voz alta, dando palmadas, con voz de enfado ou a toda velocidade!

INTERCAMBIO DE CARTAS

As nenas e nenos de 3.º de Educación Primaria están a intercambiar cartas co alumnado do seu mesmo curso do CEIP Wenceslao Fernández Flórez de A Coruña. Esta é unha actividade motivadora que lle permite iniciarse no texto epistolar de xeito práctico e significativo.

A través desta experiencia, as nenas e nenos melloran a súa expresión escrita en lingua galega, desenvolven habilidades sociais, aprenden a organizar as súas ideas e descobren o valor da comunicación coas demais persoas 💛





VISITA AO SALÓN DO LIBRO DE CARBALLO

A pasada semana foi a Semana do Libro e, como cada ano, nenas e nenos dos colexios de Carballo tivemos a oportunidade de visitar o Salón do Libro na Biblioteca Rego da Balsa. No caso das nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil e 1.º de Educación Primaria, levaron a cabo dúas actividades:

📖Visita á exposición do Salón do Libro onde se inclúen materiais realizados nos diferentes colexios.

📖Concerto de Migallas Teatro.







XOGOS DE MESA EN GALEGO

Como sabedes, no mes de marzo as nenas e nenos de 6.º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de gozar dunha actividade titulada "Recreos en galego" ofertada pola Secretaría Xeral da Lingua e impartido por Brazolinda.

Deixáronnos diferentes xogos de mesa en galego para o centro e, fai uns días, as nenas e nenos de 5.º de Educación Primaria empregáronos para aprender como se xoga a eles, traballar sobre o texto instrutivo... e todo isto en lingua galega! 💙










"Os xogos de mesa non só entreteñen, senón que crean espazos de encontro, aprendizaxe e comunicación" Reiner Knizia

mércores, 22 de abril de 2026

INTERCAMBIO EN LINGUA GALEGA

A oralidade é fundamental porque a través da palabra as nenas e nenos constrúen o pensamento, expresan emocións e comezan a relacionarse co mundo que os rodea.

Hoxe na aula de 6.° de Educación Infantil fixeron unha videochamada co CEIP Novo Mesoiro de A Coruña para compartir aprendizaxes e vivencias en lingua galega. Durante a sesión presentáronse, explicaron os proxectos e investigacións que están levando a cabo ambas aulas... Foi unha experiencia xenial!! 💗


SEMANA DO LIBRO

 Como sabedes, este curso creamos tres libros:

🎃Libro de Apócemas: https://moitalinguasanluis.blogspot.com/2025/11/libro-apocemas-de-samain.html

🍪Receitas de Entroido: https://moitalinguasanluis.blogspot.com/2026/03/receitas-de-entroido.html

📚O noso libro poético: https://moitalinguasanluis.blogspot.com/2026/03/libro-poetico.html

Nesta Semana do Libro, están expostos na entrada do colexio con diferentes propostas interactivas.






REVISTA ESCOLAR

Ao longo deste curso vivimos momentos inesquecibles cheos de aprendizaxes, esforzo, creatividade e convivencia. Como cada ano, editamos a no...