venres, 28 de marzo de 2025

COÑECEMOS O FÓRUM DE CARBALLO

Hoxe, as nenas e nenos de 5.º de Educación Infantil coñeceron un novo espazo da nosa vila, o Fórum, un edificio situado preto do noso colexio. Acudiron alí para axudar aos seus amigos/as do CEIP Canosa-Rus pois precisaban saber como podían rexistrar os seus galiñeiros 🐔

Landra aproveitou a ocasión para pedirlles que levasen a uns amiguiños/as seus 😊

xoves, 27 de marzo de 2025

martes, 25 de marzo de 2025

LEVAMOS AO BEE BOT DE PASEO POR CARBALLO

Na aula de 5.º de Educación Infantil, aproveitaron o BeeBot co que contan na biblioteca para facer unha actividade sobre Carballo. Desta volta, levaron á abelliña de paseo para que coñecese os diferentes lugares que están estudando

POEMA "EU BEN VIN" DE ROSALÍA DE CASTRO

Poema "Eu ben vin" de Rosalía de Castro no seu libro Cantares gallegos. Recitado polo alumnado de 3.º de Educación Primaria ao alumnado de Educación Infantil🦉

luns, 24 de marzo de 2025

PREPARAMOS CHOCOLATES MARIÑO PARA COMPARTIR

Logo de estudar sobre a tenda carballesa Chocolates Mariño, as nenas e nenos de 5.º de Educación Infantil prepararon mostras de diferentes chocolates para compartir en familia 💖
🍫Chocolate en po
🍫Chocolate para tomar na man
🍫Chocolate á taza
🍫2 grans de cacao para ver como se lles quita a cascarilla

venres, 21 de marzo de 2025

POEMA "O arco da vella" de Manuel María

Poema "O arco da Vella" de Manuel María no seu libro Os soños na gaiola. Recitado polo alumnado de 6.º de Educación Infantil 🌈

xoves, 20 de marzo de 2025

UNHA NOVA CARTA DIRECCIÓN RUS

Estes días na aula de 5.º de Educación Infantil estiveron elaborando unha nova carta para enviarlles ás nenas e nenos do colexio de Rus 💌 Aproveitamos para compartir con eles/as un libro titulado "A xente da miña aldea" pois atopárono na biblioteca e consideraron que podía ser interesante para eles/as. Ademais, elaboróuselles un carné para que poidan coller libros emprestados 📚



POEMA "O meu barco"

Neste audio poderemos escoitar o alumnado de 3º de Primaria recitando o poema "O meu barco" de Manuel María, recollido no seu libro Os soños na gaiola.

POEMA "Eu en ti"

Poema "Eu en ti" de Celso Emilio Ferreiro no seu libro O soño sulagado, recitado polo alumnado de cuarto curso de Educación Primaria.

POEMA "A primavera"

Poema "A primavera" de Antonio García Teixeiro no seu libro As catro estacións. Recitado polo alumnado de 5.º de Educación Infantil 🌷🌸🌹🌺🌻🌼

mércores, 19 de marzo de 2025

RECREAMOS UN MURAL DA RÚA VILA DE NEGREIRA (CARBALLO)

Dentro do proxecto de arte anual que desenvolven os nenos e nenas de 5.º de Educación Infantil e relacionado co proxecto "A nosa casa da vila", decidiron recrear un mural que se pode ver na rúa Vila de Negreira de Carballo, relacionándoo co Día do Amor. Este forma parte da iniciativa "Derrubando muros con pintura" do RexeneraFest 🎨

Podedes gozar del no edificio que teñen construído xunto á porta da súa aula 💛

FRAGMENTO DUN POEMA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Fragmento dun poema de Antonio García Teixeiro recitado polo alumnado de 5.º de Educación Infantil.🐦

POEMA "O neno e o xabarín"

Poema "O neno e o xabarín" de Xosé Lois García no seu libro A figueira lingoreteira. Recitado polo alumnado de 5.º de Educación Infantil.

luns, 17 de marzo de 2025

BUSCAMOS UN CARBALLO NO PATIO

Seguindo co proxecto "A nosa casa da vila", as nenas e nenos de 5.º de Educación Infantil saíron ao patio en busca dunha árbore de carballo 🌳Para iso levar unha tablet pois hai moitas árbores e puideron empregar Google Lens para resolver dúbidas.

O que non sabían é que ía estar Landra agardándoos! Agora xa saben, quen lles estaba a escribir as cartas 💌

mércores, 12 de marzo de 2025

PRESENTAMOS CHOCOLATES MARIÑO

Na aula de 5.º de Educación Infantil seguen avanzando no seu proxecto "A nosa casa da vila" co que estudan sobre Carballo. Desta volta, coñeceron a tenda carballesa Chocolates Mariño 🍫

  • Experimentaron canto pesa unha tableta de cacao en po.
  • Buscaron en Google Lens sobre os grans de cacao.
  • Uliron grans de cacao.
  • Coñeceron ás persoas de Chocolates Mariño, asociando coa imaxe os catro nomes. Falaron sobre o papel de Teresa, Carmen e María como mulleres traballadoras merecedoras dunha mención especial porque o 8 de marzo foi o Día da Muller.
  • Completaron o mural sobre esta tenda, coñecendo paso a paso o proceso de elaboración dunha tableta de chocolate.

SEGUIMOS OS MANDADIÑOS DA MADAMITA

Como sabedes, a meca deste Entroido no CEIP Xesús San Luís Romero disfrazouse de madamita. Cada día facíanos un mandadiño co que debiamos traer 🤡






martes, 11 de marzo de 2025

2.ª CARTA RECIBIDA DO COLEXIO DE RUS

 Hoxe en 5.º de Educación Infantil recibiron unha nova carta dos nenos e nenas do CEIP Canosa-Rus💌 Que ilusión!!

Nela resolvíanlles a dúbida que lle formularan sobre unha folla 🌿 Contáronlles que era dunha árbore chamada carballo e que o seu froito eran as landras, que lles encantan aos esquíos e aos xabarís. É por isto, que lles enviaron para a aula unha miniatura feita coa impresora 3D 🐗

Tamén compartiron unha placa Micro:bit que tiveron que conectar ao ordenador para saber que sentiu o alumnado de 4.º de Educación Primaria ao recibir a nosa carta. Sentíronse ilusionados 😊


Aproveitando isto, leron o conto Xandra, a landra que quería voar 🐦


Seguen avanzando co proxecto "A nosa casa da vila!🏠

xoves, 6 de marzo de 2025

BINGO DE ENTROIDO

Lembrades os carteis que elaboramos sobre os entroidos típicos de Galicia? Pois na aula de 5.º de Educación Infantil aproveitáronos para aprender algúns dos seus nomes e incluso de comidas típicas desta época. Fixérono a través dun bingo que tivo moito éxito entre as nenas e nenos!

luns, 3 de marzo de 2025

OBRADOIRO DE POESÍA

O pasado xoves 27 de febreiro, o alumnado de 2.º de Educación Primaria tivo a oportunidade de participar nun obradoiro de poesía ofertado polo Concello de Carballo.

Visitounos Dores, a autora do libro "O peizoque Roque", quen lle leu a súa historia. O paxariño protagonista do conto, sobrevivía a base de palabras polo que as nenas e nenos ían botándoas dentro del para alimentalo durante a lectura. Logo, cada un/unha foi escribindo e debuxando as palabras coas que lle gustaría dar de comer ao peizoque🐦

LAVAMOS A CARA CON AUGA DE SAN XOÁN

Seguindo a tradición de San Xoán, o venres lavamos as nosas cariñas coa auga onde repousaron toda a noite as flores e herbas desta época 🌱...