martes, 11 de marzo de 2025

2.ª CARTA RECIBIDA DO COLEXIO DE RUS

 Hoxe en 5.º de Educación Infantil recibiron unha nova carta dos nenos e nenas do CEIP Canosa-Rus💌 Que ilusión!!

Nela resolvíanlles a dúbida que lle formularan sobre unha folla 🌿 Contáronlles que era dunha árbore chamada carballo e que o seu froito eran as landras, que lles encantan aos esquíos e aos xabarís. É por isto, que lles enviaron para a aula unha miniatura feita coa impresora 3D 🐗

Tamén compartiron unha placa Micro:bit que tiveron que conectar ao ordenador para saber que sentiu o alumnado de 4.º de Educación Primaria ao recibir a nosa carta. Sentíronse ilusionados 😊


Aproveitando isto, leron o conto Xandra, a landra que quería voar 🐦


Seguen avanzando co proxecto "A nosa casa da vila!🏠

xoves, 6 de marzo de 2025

BINGO DE ENTROIDO

Lembrades os carteis que elaboramos sobre os entroidos típicos de Galicia? Pois na aula de 5.º de Educación Infantil aproveitáronos para aprender algúns dos seus nomes e incluso de comidas típicas desta época. Fixérono a través dun bingo que tivo moito éxito entre as nenas e nenos!

luns, 3 de marzo de 2025

OBRADOIRO DE POESÍA

O pasado xoves 27 de febreiro, o alumnado de 2.º de Educación Primaria tivo a oportunidade de participar nun obradoiro de poesía ofertado polo Concello de Carballo.

Visitounos Dores, a autora do libro "O peizoque Roque", quen lle leu a súa historia. O paxariño protagonista do conto, sobrevivía a base de palabras polo que as nenas e nenos ían botándoas dentro del para alimentalo durante a lectura. Logo, cada un/unha foi escribindo e debuxando as palabras coas que lle gustaría dar de comer ao peizoque🐦

mércores, 26 de febreiro de 2025

ESTREA DA DOCU-SERIE "UNHA VIAXE POLA VIDA DE ROSALÍA"

 Queredes ver como foi a estrea da docu-serie "Unha viaxe pola vida de Rosalía"?

🌺Organizamos a biblioteca para simular unha sala de cine.

🌺Preparamos flocos de millo para todos e todas.

🌺Organizamos dúas sesións: unha para o alumnado e o persoal do centro e outra para as familias.

Moitísimas grazas a todas as familias que vos achegastes á estrea da nosa docu-serie 💗 Para os que non puidestes vir, lembrade que podedes vela dende a casa facendo clic aquí.


Por outra banda, o equipo de biblioteca preparou unha escolma de libros sobre a autora e mercou un prato coa imaxe de Rosalía, unha figura moi importante que quixemos que tivese o seu lugar neste espazo polos valores que nos trasmite no referido á literatura oral, á lingua galega e como muller 💜 Este prato é obras dunha das olarías de Buño, oficio tradicional propio da nosa comarca que tamén estará presente no noso Entroido.



DOCU-SERIE "UNHA VIAXE POLA VIDA DE ROSALÍA"

Este luns 24 de febreiro conmemoramos no cole o Día de Rosalía 🌺 e estreamos a docu-serie "Unha viaxe pola vida de Rosalía" que elaboramos entre todos os nenos e nenas do colexio.

Velaquí vola deixamos para que poidades gozar dela dende a casa 😊 agardamos que vos guste!

sábado, 22 de febreiro de 2025

SAÍMOS NO XORNAL

Hoxe, o xornal La Voz de Galicia, publicou unha nova sobre a recollida de palabras en galego propias da zona de Bergantiños que realizamos en colaboración co Concello de Carballo e o CEIP Gándara-Sofán 💛

venres, 21 de febreiro de 2025

LUNS COMEZA O ENTROIDO

Xa está a piques de comezar o Entroido, así que a nosa meca xa está preparada para dirixir os mandadiños deste ano. É unha meca especial, pois está disfrazada de madamita.

Luns queremos vervos a todos con algo na cabeza👒👑. Ordes da madamita!🎭



REVISTA ESCOLAR

Ao longo deste curso vivimos momentos inesquecibles cheos de aprendizaxes, esforzo, creatividade e convivencia. Como cada ano, editamos a no...