xoves, 19 de febreiro de 2026

EXPOSICIÓN DE ENTROIDO

Ao longo da semana pasada, as nenas e nenos estiveron traballando arreo sobre o Entroido polo que, a exposición temática da entrada do colexio, foise ampliando coas súas aportacións.

Que puidemos ver nela?

🎭Mandadiños do meco ao longo da semana do 9 ao 13 de febreiro.

🎭Carteis informativos sobre o Entroido galego e que foron elaborados no noso centro o curso pasado.

🎭Traballos das nenas e nenos sobre o Entroido galego.

🎭Photocall en forma de antiface para crear recordos inesquecibles.

🎭Cartel coa definición da palabra Entroido segundo a Real Academia Galega.

🎭Xogo con miniaturas de disfraces galegos para relacionalas coas tarxetas que contiñan o seu nome. Este é un material creado pola Deputación de Ourense en colaboración con La Voz de Galicia.









mércores, 18 de febreiro de 2026

QUE É E QUE NON É PARA NÓS A PAZ?

30 de xaneiro conmemorouse o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Dende o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares, elaboraron este fermoso vídeo onde as nenas e nenos de todo o cole explicaron, en lingua galega, que é e que non é a paz

Facede clic na imaxe e gozade moito da súa visualización ☮🐦

xoves, 5 de febreiro de 2026

COMEZAN OS MANDADIÑOS

Hoxe xa loce de Entroido a entrada do colexio!! 🎭 A nosa meca xa está preparada para deleitarnos cos seus mandadiños a partir do luns! Que comece a festa!

Ademais, podedes gozar dunha exposición de carteis sobre disfraces típicos de Galicia. Gozar de calquera deles é un moi bo plan para estas datas.

martes, 3 de febreiro de 2026

MANDADIÑOS DE ENTROIDO

Tic, tac, tic, tac ⏰

Chega o tempo de Entroido e, como cada ano, seguiremos os Mandadiños do Meco 🎭 A partir deste venres, estaremos moi atentos e atentas ao que nos mande traer a próxima semana!!






SYMBALOO DE ENTROIDO

Chega o tempo de Entroido 🎭 e queremos compartir con vós un Symbaloo de recursos atopados na rede. Clasificámolos do seguinte xeito:

💚En verde os xogos interactivos.

💗En rosa as cancións.

💛En amarelo, documentos informativos sobre o Entroido galego.

💙En azul, materiais descargables.

Agardamos que vos sexan de utilidade! Facede clic na seguinte imaxe para acceder a eles:

QUE ESTAMOS ARGALLANDO PARA O DÍA DE ROSALÍA?

Este curso, para conmemorar o Día de Rosalía e aproveitando que a temática do Salón do Libro 2026 é a música, estamos preparando unha canción sobre a súa vida e obra🎵

Polo momento, repartimos polas aulas palabras significativas sobre diferentes momentos da súa vida. Para gozar da canción creada, teredes que agardar ata o luns 23 de febreiro. Publicarémola aquí no blog e tamén a poderedes escoitar na megafonía do colexio! 🎶



RECURSOS SOBRE ROSALÍA

Bo día a todos e a todas! Como sabedes, o 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro. Deixámosvos aquí dous materiais que elaboramos o curso pasado sobre a autora:

PRESENTACIÓN SOBRE A VIDA E A OBRA DE ROSALÍA


DOCU-SERIE "UNHA VIAXE POLA VIDA DE ROSALÍA"

REVISTA ESCOLAR

Ao longo deste curso vivimos momentos inesquecibles cheos de aprendizaxes, esforzo, creatividade e convivencia. Como cada ano, editamos a no...