martes, 3 de febreiro de 2026

SYMBALOO DE ENTROIDO

Chega o tempo de Entroido 🎭 e queremos compartir con vós un Symbaloo de recursos atopados na rede. Clasificámolos do seguinte xeito:

💚En verde os xogos interactivos.

💗En rosa as cancións.

💛En amarelo, documentos informativos sobre o Entroido galego.

💙En azul, materiais descargables.

Agardamos que vos sexan de utilidade! Facede clic na seguinte imaxe para acceder a eles:

QUE ESTAMOS ARGALLANDO PARA O DÍA DE ROSALÍA?

Este curso, para conmemorar o Día de Rosalía e aproveitando que a temática do Salón do Libro 2026 é a música, estamos preparando unha canción sobre a súa vida e obra🎵

Polo momento, repartimos polas aulas palabras significativas sobre diferentes momentos da súa vida. Para gozar da canción creada, teredes que agardar ata o luns 23 de febreiro. Publicarémola aquí no blog e tamén a poderedes escoitar na megafonía do colexio! 🎶



RECURSOS SOBRE ROSALÍA

Bo día a todos e a todas! Como sabedes, o 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro. Deixámosvos aquí dous materiais que elaboramos o curso pasado sobre a autora:

PRESENTACIÓN SOBRE A VIDA E A OBRA DE ROSALÍA


DOCU-SERIE "UNHA VIAXE POLA VIDA DE ROSALÍA"

venres, 16 de xaneiro de 2026

ENREGUÉIFATE. Obradoiro de improvisación oral

Este martes 13 de xaneiro, as nenas e nenos de 5.° e 6.° de Educación Primaria, tiveron a sorte de gozar dun obradoiro do Enreguéifate impulsado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo. Foi impartido por Lupe Blanco e Josinho da Teixeira.







Deixámosvos un vídeo onde se recolle como a improvisación oral é común a todos os pobos do mundo 🌍

xoves, 18 de decembro de 2025

ENVIAMOS POSTAIS POLO NADAL

Este Nadal convidamos ás diferentes aulas do noso colexio a escribir postais en galego🎅 Dirixímolas a diferentes asociacións e entidades da nosa contorna e nelas desexámoslles un BO NADAL e un FELIZ 2026 cheo de momentos máxicos para compartir🎄

"O feito de que alguén dedique tempo a escribir á man postais polo Nadal, demostra os seus mellores desexos"

mércores, 19 de novembro de 2025

OBRADOIRO DE LUZ NEGRA DE SAMAÍN

Como recompensa ao traballo e esforzo das nenas e nenos en crear as súas apócemas, gozamos dun obradoiro de luz negra de Samaín. Alí podiamos atopar tres propostas:

👻Crea o teu castelo encantado con Connetix.

👻Escribe unha palabra terrorífica en galego sobre siluetas de Samaín.

👻Fai un mural de medo.


Se queredes ver que xornada tan divertida pasamos, iniciade este vídeo 👽

mércores, 5 de novembro de 2025

LIBRO APÓCEMAS DE SAMAÍN

Chegou o día!! Velaquí está o libro que creamos entre todos os nenos e nenas do noso colexio con apócemas de Samaín, para o que traballamos con vocabulario sobre a temática en lingua galega.

Agardamos que vos sexan útiles para cumprir os vosos arrepiantes desexos👺💀🎃📖 Lembrade que, logo de botar todos os ingredientes no pote, é moi importante remexer ben. Consello de bruxas e ogros!

REVISTA ESCOLAR

Ao longo deste curso vivimos momentos inesquecibles cheos de aprendizaxes, esforzo, creatividade e convivencia. Como cada ano, editamos a no...