Como cada ano, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega editamos a revista "A Voz do San Luís" que recolle un pouquiño do vivido neste curso 2024/2025. Agardamos que vos guste!!
Feliz verán a todos/as!! 🌞 Vémonos de novo en setembro 💙
Blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo)
Como cada ano, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega editamos a revista "A Voz do San Luís" que recolle un pouquiño do vivido neste curso 2024/2025. Agardamos que vos guste!!
Feliz verán a todos/as!! 🌞 Vémonos de novo en setembro 💙
Hoxe vivimos unha mañá emocionante, pois chegou o momento máis desexado: facer unha videochamada coas nenas e nenos de 4.º de Educación Primaria do CEIP Canosa-Rus💚
Esta semana, as nenas e nenos de 5.º de Educación Infantil recibiron unha sorpresa. Atoparon na aula un pano, unha toca e un código QR. Cheos de emoción e intriga, escanearon o código. Sabedes que era? Un audio de Maruxa e Coralia!! 💙 Se queredes escoitalo, premede aquí.
Maruxa e Coralia son as mulleres que están detrás das cartas que recibimos de Landra. Ambas emigraron e volveron a Galicia, debatendo entre elas se era mellor vivir na vila ou na aldea. É así, que convidaron ao CEIP Canosa Rus a estudar sobre a aldea e a nós sobre a vila, chegando á conclusión de que ambas teñen aspectos moi positivos.
Como sabedes, as nenas e nenos do colexio de Rus compartiron co noso alumnado de 5.º de Educación Infantil unhas vacas, uns animais propios da aldea. Coa finalidade de que coñecesen un pouco máis deles, enviaron un panel informativo en lingua galega, así como unhas vacas de cartón ás que poñerán un ubre feito cun guante para muxir 🐄
Dado o interese do alumnado polo tamaño e peso dunha vaca, empregando un metro e unha báscula, realizaron dous gráficos comparativos 👀
O venres na aula de 5.º de Educación Infantil, as nenas e nenos recibiron unha gran sorpresa nada máis chegar ao cole pois na súa aula había unhas vacas 🐄🐄 Que facían alí? Escaparían dunha granxa? Enviaríaas alguén?
Logo de moito pensar e buscar pola aula algunha pista que nos axudase a responder ás nosas preguntas, atopamos unha carta 💌 Todo aquilo enviábano as nenas e nenos do colexio de Rus 😍
Na aula de 5.º de Educación Infantil, preparamos carteis informativos sobre diferentes lugares de Carballo para o que empregamos o croma. Seguimos aprendendo co proxecto "A nosa casa da vila".
Como cada ano, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega editamos a revista "A Voz do San Luís" que recolle un pouquiño do v...