venres, 24 de outubro de 2025

APÓCEMAS DE SAMAÍN

Dende o EDLG, outorgamos ao noso alumnado unha misión moi importante para este Samaín: converterse en bruxas e arrepiantes ogros. Para que? Para elaborar apócemas segredas coas que, cun só grolo, acontezan cousas máxicas neste outubro🎃👺

Cada neno/a ou por grupos, escribiu a súa apócema neste pote, traballando así vocabulario propio desta época do ano:


Queredes ver o resultado? Pois teredes que agardar uns días. Polo momento, estamos a botar nel todos os ingredientes necesarios e remexendo para que logren provocar os feitizos.

Como recompensa ás bruxas e ogros do noso colexio, preparamos unha sesión de luz negra para este mércores 29 💀👻Xa vos amosaremos como foi a experiencia!

RECURSOS SOBRE O SAMAÍN

A primeira conmemoración deste curso é o Samagosto, o Samaín e o Magosto 🎃🌰 Imos recuperar un Symbaloo de recursos creado o curso pasado e que fomos ampliando, para que poidades botar man del dende as aulas.

Que ides atopar?

    🍐En verde, xogos interactivos

    🍇En morado, materiais imprimibles

    🎃En laranxa, contos e cancións

    🌰En marrón, receitas de Samaín

Fai clic nesta imaxe para acceder a el:

COMEZAMOS UNHA NOVA AVENTURA. ACOMPAÑÁDESNOS?


Comezamos un novo curso neste blog, unha xaneliña na que vos amosaremos as actividades organizadas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega ou calquera outra na que participemos, recursos en lingua galega, novas interesantes...

Acompañádesnos? 💙

APÓCEMAS DE SAMAÍN

Dende o EDLG, outorgamos ao noso alumnado unha misión moi importante para este Samaín: converterse en bruxas e arrepiantes ogros. Para que? ...