Velaquí vos deixamos uns fragmentos do obradoiro de improvisación oral no que participou o alumnado de 5.º e 6.º de Educación Primaria fai uns días. Este forma parte da oitava edición do Enreguéifate 🎵🎵
Blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo)
venres, 31 de xaneiro de 2025
mércores, 29 de xaneiro de 2025
RECIBIMOS UNHA CARTA
Hoxe, o carteiro deixou para as nenas e nenos de 5.º de Educación Infantil unha carta 💌 De novo, era Landra a que lles escribía para propoñerlles un novo reto no que colaborarán coa aula de 4.º de Educación Primaria do CEIP Canosa-Rus, onde están a traballar sobre a aldea co proxecto "A nosa casa da aldea".
Cheos de ilusión, xa teñen unha nova misión para estes días: escribirlles unha carta!
venres, 17 de xaneiro de 2025
OBRADOIRO DE REGUEIFA
Onte, o alumnado de 5.º e 6.º de Educación Primaria, tivo a oportunidade de participar nun obradoiro de regueifa que forma parte do programa Enreguéifate impulsado por diferentes concellos, entre eles o de Carballo.
A regueifa é algo propio da nosa comarca, especialmente na época dos nosos avós/avoas e bisavós/bisavoas. Afortunadamente, dende fai uns anos, contamos cada vez con persoas que están a revivir a maxia desta improvisación oral en verso, promovéndose diferentes actividades deste tipo onde poden participar persoas de diferentes idades.
Queredes ver como foi esta sesión con Lupe Blanco e Josiño da Teixeira?
Velaquí podedes atopar tamén un vídeo da actividade publicado no blog "A nosa fiestra" que tamén podedes visitar premendo aquí.
mércores, 15 de xaneiro de 2025
ESPAZO DE CASTELAO
Amiguiñas e amiguiños! Xa temos preparado o noso recuncho físico con materiais sobre Castelao porque, como vistes na publicación anterior, o 2025 é o seu ano. Nel contamos con:
💙Unha escolma de libros do autor.
💙Unha frase representativa sobre o que sinte el cara a lingua galega.
💙Un cartel cun código QR que da acceso a un Symbaloo de recursos.
💙Novas sobre a temática.
mércores, 8 de xaneiro de 2025
2025 - ANO DE CASTELAO
Como sabedes, este 2025 celébrase o Ano de Castelao. Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega elaboramos este Symbaloo con ligazóns de interese sobre este persoeiro. Nel poderedes atopar información sobre a súa vida e obra, novas de diferentes xornais, materiais da Fundación Castelao, imaxes e incluso actividades interactivas.
Agardamos que vos sexa de utilidade!
UN NADAL EN GALEGO
Benvidas e benvidos a este segundo trimestre!! Agardamos que gozásedes moito destas vacacións e que o galego estivese presente nas cartas que escribistes aos seres máxicos do Nadal 🎄🌟
Como sabedes, o venres 20 de decembro celebramos o festival de Nadal, onde puidemos gozar de diferentes cancións en lingua galega sobre a temática. Velaquí as deixamos:
Por suposto, tamén celebramos a nosa particular festa de fin de ano, dando as badaladas en galego 🍇
-
Como sabedes, o domingo 23 de febreiro , celébrase o Día de Rosalía 🌺polo que levamos días de rodaxe, gravando algo moi especial que querem...
-
Para despedir este ano tan emocionante no San Luís fixemos un LIP DUB. Mirade que ben nos quedou! Agora a desfrutar as vacacións e a pasar...
-
Como sabedes, novembro é o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas . Este martes 26, tivemos a sorte de que nos visitasen tres científicos/...