Un éxito entre os/as máis pequenos/as do colexio, son os contos da colección "Do berce á lúa" da editorial Kalandraka. Hoxe, as nenas e nenos de 5.º de Educación Infantil leron o titulado "Lúa" e quixeron agasallarnos cun vídeo 🌙😍 A través desta actividade, traballaron vocabulario sinxelo en lingua galega.
Blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo)
martes, 12 de novembro de 2024
venres, 8 de novembro de 2024
MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
O mes de novembro é o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Por iso, o martes 26 imos recibir a visita de dous membros do GRICA (Grupo de Investigación en Cambio Ambiental).
Velaquí o cartel informativo. Con Armand e Uxía gozaremos dun obradoiro de fósiles en lingua galega:
xoves, 7 de novembro de 2024
CALIGRAMA TERRORÍFICO
Bo día a todos e a todas!! Como sabedes, este Samaín traballamos sobre diferentes figuras tradicionais galegas relacionadas coa temática. Informámonos a través do Genial.ly e realizamos as actividades interactivas. Tamén elaboramos, entre as diferentes aulas do colexio, un caligrama colaborativo con palabras en galego relacionadas con esta festividade. Como vedes, fixémolo en base á silueta da bruxa dos dentes verdes.
A seguir escribindo historias terrorificamente felices 🎃👻 Grazas pola vosa participación!!
martes, 5 de novembro de 2024
LECTURAS TERRORÍFICAS EN GALEGO
Estes días, as familias de Educación Infantil tiveron a oportunidade de vir ao colexio lernos un conto terrorífico 🎃👻 Velaquí unhas imaxes das fermosas, pero arrepiantes, historias que tivemos a oportunidade de escoitar. E sabedes que? Eran historias en galego!!
Moitísimas grazas familias pola vosa colaboración💖
Conto "Lúa" da Editorial Kalandraka
Un éxito entre os/as máis pequenos/as do colexio, son os contos da colección "Do berce á lúa" da editorial Kalandraka . Hoxe, as n...
-
Para despedir este ano tan emocionante no San Luís fixemos un LIP DUB. Mirade que ben nos quedou! Agora a desfrutar as vacacións e a pasar...
-
A piques de rematar o curso queremos amosar todo canto fixemos este ano. Animádevos a botar un ollo á nosa revista escolar "A Voz do S...
-
Comezamos a semana do Entroido cos mandadiños da meca. Esta vez encargoulle á rapazada de 5º que llo regueifara e mirade que ben lles qued...