xoves, 19 de decembro de 2024

COMPLETAMOS A NOSA ÁRBORE DE NADAL

Lembrades a árbore de Nadal que iamos facer baixo o lema "Por un Nadal en galego"? 🎄❄ Agora xa está completa con fermosas palabras en galego relacionadas coa temática.

Ademais, incluímos no noso taboleiro, as estrofas da canción de Nadal. Se non escoitastes as 4 versións que elaboramos, facede clic aquí.





venres, 13 de decembro de 2024

CANCIÓN DE NADAL

Para este Nadal, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, propuxemos a elaboración dunha estrofa por aula para a creación dunha canción de xeito colaborativo 🎵 Ofrecemos unha listaxe de posibles palabras relacionadas coa temática, elaboramos as estrofas e, empregando a aplicación "Suno" de intelixencia artificial, creamos a canción.

Coa mesma letra xeramos diferentes cancións variando o estilo musical. Como non nos decidiamos por unha para que soase na megafonía ás entradas e saídas do colexio, escoitaremos as catro. Poñede atención e gozade delas!! 😍

Velaquí volas deixamos para que tamén poidades escoitalas na casa:

xoves, 12 de decembro de 2024

RECURSOS EN GALEGO SOBRE O NADAL

Boa tarde a todos e todas!! Queremos aproveitar esta xaneliña para amosarvos un Symbaloo de recursos sobre a festividade do Nadal en Galicia. Facede clic na imaxe para acceder a el 🎄🎅

mércores, 11 de decembro de 2024

POR UN NADAL EN GALEGO

Chega decembro e con el o tempo de Nadal 🎄dende o EDLG preparamos esta árbore e cada un/unha de nós colaborará na súa decoración con adornos en galego. Nuns días amosarémosvos o resultado! 😍


Ademais, estes días estamos a elaborar as nosas cartas de Nadal. Para iso botamos man da proposta elaborada dentro do Programa Apego🎅 Se facedes clic na seguinte ligazón podedes acceder a ela, así como tamén á proposta de agasallos non materiais e escritos en lingua galega: http://apego.gal/carta-apego-aos-seres-maxicos-nadal/

martes, 10 de decembro de 2024

COMEZAMOS UN PROXECTO SOBRE CARBALLO

Hoxe, na aula de 5.º de Educación Infantil, recibiron unha caixa sorpresa! Dentro había unhas follas, unhas fotos e unha carta que lles pedía axuda ás nenas e nenos para descubrir o nome da vila á que pertencían esas imaxes. Tiveron que descifrar un código segredo que contiña a palabra CARBALLO.

Deste xeito, comezan unha nova aventura co proxecto "A nosa casa da vila" co que aprenderán unha chea de cousas sobre o entorno máis próximo. 

xoves, 28 de novembro de 2024

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Como sabedes, novembro é o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. Este martes 26, tivemos a sorte de que nos visitasen tres científicos/as: Armand, Laura e Uxía, que forman parte do Grupo de Investigación en Cambio Ambiental (GRICA)🌿🌱

Participamos en diferentes obradoiros de ciencia en galego:

🍃3.º, 4.º, 5.º e 6.º de Educación Primaria asistiron a unha charla sobre que é o GRICA e en que consiste o seu traballo.

🍃Educación Infantil, 1.º e 2.º de Educación Primaria, participaron nun obradoiro de fósiles.

Velaquí unha pequena mostra dun día do máis científico no noso colexio:

En mostra do noso agradecemento por compartir o seu tempo con nós, agasallámolos cunha pequena mostra de produtos típicos de Carballo: chocolate Mariño, conservas Calvo, pan e pan de ovo.

Moitas grazas Armand, Laura e Uxía, por achegar a ciencia aos nosos nenos e nenas 💖

martes, 12 de novembro de 2024

Conto "Lúa" da Editorial Kalandraka

Un éxito entre os/as máis pequenos/as do colexio, son os contos da colección "Do berce á lúa" da editorial Kalandraka. Hoxe, as nenas e nenos de 5.º de Educación Infantil leron o titulado "Lúa" e quixeron agasallarnos cun vídeo 🌙😍 A través desta actividade, traballaron vocabulario sinxelo en lingua galega.

venres, 8 de novembro de 2024

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

O mes de novembro é o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Por iso, o martes 26 imos recibir a visita de dous membros do GRICA (Grupo de Investigación en Cambio Ambiental).

Velaquí o cartel informativo. Con Armand e Uxía gozaremos dun obradoiro de fósiles en lingua galega:

xoves, 7 de novembro de 2024

CALIGRAMA TERRORÍFICO

Bo día a todos e a todas!! Como sabedes, este Samaín traballamos sobre diferentes figuras tradicionais galegas relacionadas coa temática. Informámonos a través do Genial.ly e realizamos as actividades interactivas. Tamén elaboramos, entre as diferentes aulas do colexio, un caligrama colaborativo con palabras en galego relacionadas con esta festividade. Como vedes, fixémolo en base á silueta da bruxa dos dentes verdes.


A seguir escribindo historias terrorificamente felices 🎃👻 Grazas pola vosa participación!!

martes, 5 de novembro de 2024

LECTURAS TERRORÍFICAS EN GALEGO

Estes días, as familias de Educación Infantil tiveron a oportunidade de vir ao colexio lernos un conto terrorífico 🎃👻 Velaquí unhas imaxes das fermosas, pero arrepiantes, historias que tivemos a oportunidade de escoitar. E sabedes que? Eran historias en galego!!


Moitísimas grazas familias pola vosa colaboración💖

venres, 25 de outubro de 2024

SYMBALOO SAMAÍN

Velaquí vos deixamos un Symbaloo de recursos para este Samaín🎃 Atoparédelos organizados por cores que fan referencia ás seguintes categorías:

        🍐Verde: Xogos interactivos

        🍇Morado: Materiais imprimibles

        🎃Laranxa: Contos e cancións

        🌰Marrón: Receitas de Samaín

Pica na imaxe, para acceder:

xoves, 24 de outubro de 2024

SAMAÍN 2024

Benvidas e benvidos de novo ao blog Moita lingua!! Un ano máis, aproveitaremos este pequeno recuncho para proporcionar recursos en lingua galega sobre as diferentes festividades, novas interesantes ou calquera recurso ou material relacionado.

Estade moi atentos/as, pois tamén penduraremos vídeos e imaxes das diferentes actividades que levemos a cabo no centro.

Sen máis, comezamos!! Contarvos que este curso, polo Samaín, imos traballar sobre diferentes figuras tradicionais:

  • Tardo.
  • Gatipedro.
  • Bruxa dos dentes verdes.
  • Tía Xoana.

Velaquí tedes un Genial.ly onde atoparedes moita información sobre estas personaxes e, ao mesmo tempo, unhas preguntas interactivas:

mércores, 19 de xuño de 2024

BO VERÁN!

 Para despedir este ano tan emocionante no San Luís fixemos un LIP DUB. 

Mirade que ben nos quedou!

Agora a desfrutar as vacacións e a pasar un bo verán. 



luns, 17 de xuño de 2024

A VOZ DO SAN LUÍS

 A piques de rematar o curso queremos amosar todo canto fixemos este ano. Animádevos a botar un ollo á nosa revista escolar "A Voz do San Luís". 

Este ano o concurso de debuxo para a portada da nosa revista ganouno Carla Giance García, unha alumna de 6º de primaria que quixo reflictir as grandes novidades do centro: a nova biblioteca e a mellora dos patios. 

Prema na imaxe para acceder á revista. 



luns, 3 de xuño de 2024

TODO SOBRE LUISA VILLALTA

 Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que fixeron os maiores do cole (de 2º en diante) para coñecer a autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas. 



AMOR POLA LINGUA

 O alumnado de 1º de E.P. estivo traballando para coñecer a Luisa Villalta e valorar a través dela o amor pola lingua galega. 



domingo, 26 de maio de 2024

FLORECE O GALEGO

 O pasado 16 de maio fixemos unha pequena xuntanza no San Luis para falar un pouquiño da vida e obra de Luisa Villalta. Ademais, sendo víspera do día da nosa lingua, quixemos representar o orgullo que sentimos por ela cas nosas palabras preferidas en galego. Plantamos estas verbas en forma de margarida nunhas macetas porque o que queremos é que FLOREZAN E PERDUREN PARA SEMPRE. 


 


xoves, 23 de maio de 2024

EMOCIÓNATE CON LUISA

 O alumnado de EI traballou as emocións co retrato de Luisa Villalta. Crearon un mural para os compis do cole. 

MIRADE CANTO TRABALLARON E QUE BEN LLE QUEDOU!



mércores, 22 de maio de 2024

TRABALLANDO SOBRE LUISA VILLALTA

 Dende hai unhas semanas temos este recuncho no cole. Aquí puidemos atopar unha chea de información sobre a autora homenaxeada o pasado 17 de maio: Luisa Villalta. Tamén tiñamos actividades interactivas e algunha que outra manualidade relacionada. 



martes, 7 de maio de 2024

SEMANA DO LIBRO E DA LECTURA

 A semana pasada os nenos e nenas do San Luis viviron uns días moi máxicos.  

Con motivo da Semana do libro de da lectura, asistimos a unha serie de funcións relacionadas ca MAXÍA. 

Tamén participamos na exposición na biblioteca Rego da Balsa baixo o epígrafe: A maxía de sentir.

Aquí vos deixamos algunhas fotos e videos para que vexades que ben o pasamos. 



mércores, 17 de abril de 2024

POEMARIO DO SAN LUIS

 Con esta publicación rematamos a conmemoración do día da poesía. Aquí queremos amosarvos o poemario que levamos a cabo todos xuntos. Cada curso fixo un poema, todos eles vinculados cun sentimento. 

Mirade que ben quedou!


 





luns, 15 de abril de 2024

A NENA DA FONTE


Co alumnado de 2º rematamos o recitado de poemas que conmemoran o día da poesía. Dan man de Curros Enríquez os nenos e nenas de 2º de primaria traballaron a TRISTURA



mércores, 10 de abril de 2024

A PÓCEMA DA BRUXA

 O alumnado de Educación Infantil do noso cole está a facer un proxecto sobre o MEDO e, para traballar a poesía na aula, escolleron este poema de Gloria Sánchez onde fan unha auténtica pócema de bruxa. 



sábado, 6 de abril de 2024

CANTAROLA DOS NENOS

 O pequechos de 1º recitan "Cantarola dos nenos" de Xosé Neira Vilas. Nestes versos amosan que a AMIZADE non ten barreiras e que é un dos sentimentos máis fermosos que hai. 



venres, 5 de abril de 2024

AGASALLO

Aquí temos aos nenos e nenas de 4º de Educación Primaria recitando "Agasallo" de Xosé Luna Sanmartín. Con este poema traballamos a FELICIDADE que nos producen as pequenas cousas cas que nos agasalla a vida. 



sábado, 23 de marzo de 2024

CAMPANAS DE BASTABALES

 Aquí están os maiores do cole, o alumnado de 6º, recitando "Campanas de Bastabales" de Rosalía de Castro. 

Con esta obra traballamos a MORRIÑA tan característica dos poemas da querida Rosalía. 




venres, 22 de marzo de 2024

MARÍA SOLIÑA

Aquí temos ao alumnado de 5º do San Luis recitando "María Soliña" de Celso Emilio Ferreiro. Con este poema traballamos a SOIDADE, un sentimento moi presente e pouco recoñecido na nosa sociedade.



xoves, 21 de marzo de 2024

O DÍA DA POESÍA

 Hoxe conmemoramos o día da poesía e por iso o alumnado do San Luis querenos amosar poemas de sentimentos. 

Comezamos traballando o AMOR co alumnado de 3º que recita "Bicos de flores" de Xosé Luna Sanmartín. 

¡Mirade que ben o fan neste día tan fermoso no que comeza a primaveira!



xoves, 7 de marzo de 2024

ROSALIA NO SAN LUIS

 A semana pasada todo o alumando do cole fixo un mural ca imaxe de Rosalia de Castro seguindo o movemento artístico "arte pop". 

¡Mirade que ben lles quedou!





mércores, 21 de febreiro de 2024

COÑECENDO A ROSALÍA

 Hoxe, o alumnado de 4º fixo unha actividade no xardín de Rosalía onde tiveron a misión de atopar anacos dun poema que contaba a vida de Rosalía de Castro. Despois aprenderon un pouquiño máis sobre a gaita ao son do poema "Un repoludo gaiteiro". 

Para rematar cantaron e fixeron unha roda co grupo Raiceira. 

Queremos dar as grazas ao Concello de Carballo por promover estas iniciativas tan interesantes. 









O DÍA DE ROSALÍA ESTÁ CHEGANDO

Podemos coñecer un chisco máis á poetisa galega de referencia con estas actividades. 


mércores, 7 de febreiro de 2024

A MECA LUPE MANDA...

 Os mandadiños da meca Lupe estan rematando...

Para despedirnos destes días de Entroido no cole, os de 6º fan unha regueifa co último mandadiño. 



Xa esta chegando a festa, 

tamos en xoves de feira

non vos imos dicir nada

cada un trae o que queira. 

¡Para rematar cos mandadiños, a meca Luce deixanos traer o disfrace que queiramos!

martes, 6 de febreiro de 2024

A MECA LUPE MANDA...

 ¿Que nos dirá a meca Lupe que temos que levar mañá ao cole?

Moi atentas á regueifa dos nenos e nenas de 5º. 



Xa non queda case nada, 

mira na casa o que tes

porque o mércores chega 

para poñer algo nos pés. 

¡Mañá lembrade traer algo na cabeza, no pescozo e nos PÉS!

luns, 5 de febreiro de 2024

A MECA LUPE MANDA...

 A meca Lupe segue cos mandadiños... 

Esta volta tocoulle aos de 6º regueifar. ¡Estade ben atentos ao que nos din!



Hoxe é martes pre antroido

mira que che quede frouxo, 

o adorno que atopes

pra poñelo no pescozo.

O martes lembrade traer algo na cabeza e no pescozo! 

venres, 2 de febreiro de 2024

A MECA LUPE MANDA...

 Comezamos a semana do Entroido cos mandadiños da meca. 

Esta vez encargoulle á rapazada de 5º que llo regueifara e mirade que ben lles quedou!!


O entroido vai chegare, 

tes que buscar unha peza,

que non sexa moi pesada 

vas levala na cabeza. 

O luns lembrade vir con algo na cabeza!

mércores, 31 de xaneiro de 2024

PAZ PARA TODAS

Seguindo a conmemoración do DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA (30 de xaneiro) no San Luis decidimos buscar a paz cas nosas compañeiras. 
Co obxectivo de valorarnos e destacar as cousas bonitas das persoas que nos rodean, enchemos a árbore cos bonecos de todos os nenos e nenas do cole con palabras que destacan algo positivo de cada un deles. Estas verbas escribíronnas as compañeiras de cada aula e pintaron de ledicia este día tan importante.

Ademais, o alumnado do 2º e 3º ciclo de E.P. fixo unha traducción ao galego dalgunha das frases máis destacadas de persoaxes que fixeron deste, un mundo mellor. 
John Lennon- "A paz non é algo que creas, algo que fas, algo que es; é algo bonito que AGASALLAS"
Mahatma Ganhi- "Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño" 
Malala Yousafzai- "Unha nena, unha mestra, un libro e un lapis; poden cambiar o mundo"


mércores, 3 de xaneiro de 2024

ÁRBORE DOS DESEXOS

Durante os últimos días de cole no 2023 todos enchemos unha árbore cos nosos desexos para o aninovo. 

AGARDAMOS QUE TODOS SE FAGAN REALIDADE. 


REGUEIFA DE NADAL

 O alumnado de 5º e 6º animouse a facer unha regueifa para o festival de Nadal. 

¡Mirade que ben lle quedou!


QUE APRENDEMOS SOBRE O FÓRUM?

Dentro do  proxecto "A nosa casa da vila"  sobre o que traballan este trimestre os nenos e nenas de  5.º de Educación Infantil , t...