xoves, 19 de decembro de 2024

COMPLETAMOS A NOSA ÁRBORE DE NADAL

Lembrades a árbore de Nadal que iamos facer baixo o lema "Por un Nadal en galego"? 🎄❄ Agora xa está completa con fermosas palabras en galego relacionadas coa temática.

Ademais, incluímos no noso taboleiro, as estrofas da canción de Nadal. Se non escoitastes as 4 versións que elaboramos, facede clic aquí.





venres, 13 de decembro de 2024

CANCIÓN DE NADAL

Para este Nadal, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, propuxemos a elaboración dunha estrofa por aula para a creación dunha canción de xeito colaborativo 🎵 Ofrecemos unha listaxe de posibles palabras relacionadas coa temática, elaboramos as estrofas e, empregando a aplicación "Suno" de intelixencia artificial, creamos a canción.

Coa mesma letra xeramos diferentes cancións variando o estilo musical. Como non nos decidiamos por unha para que soase na megafonía ás entradas e saídas do colexio, escoitaremos as catro. Poñede atención e gozade delas!! 😍

Velaquí volas deixamos para que tamén poidades escoitalas na casa:

xoves, 12 de decembro de 2024

RECURSOS EN GALEGO SOBRE O NADAL

Boa tarde a todos e todas!! Queremos aproveitar esta xaneliña para amosarvos un Symbaloo de recursos sobre a festividade do Nadal en Galicia. Facede clic na imaxe para acceder a el 🎄🎅

mércores, 11 de decembro de 2024

POR UN NADAL EN GALEGO

Chega decembro e con el o tempo de Nadal 🎄dende o EDLG preparamos esta árbore e cada un/unha de nós colaborará na súa decoración con adornos en galego. Nuns días amosarémosvos o resultado! 😍


Ademais, estes días estamos a elaborar as nosas cartas de Nadal. Para iso botamos man da proposta elaborada dentro do Programa Apego🎅 Se facedes clic na seguinte ligazón podedes acceder a ela, así como tamén á proposta de agasallos non materiais e escritos en lingua galega: http://apego.gal/carta-apego-aos-seres-maxicos-nadal/

OBRADOIRO DE IMPROVISACIÓN ORAL - ENREGUÉIFATE

Velaquí vos deixamos uns fragmentos do obradoiro de improvisación oral no que participou o alumnado de 5.º e 6.º de Educación Primaria fai ...