mércores, 20 de decembro de 2023

AQUÍ PODES ATOPAR RECURSOS DO NADAL EN GALICIA

 Preme na imaxe para dar cunha chea de recursos do Nadal en Galicia. 

NA PROCURA DO XESTAL

 Para rematar as conmemoracións a Carlos Díaz no Ano do Xestal, a Concellería de Normalización Lingüística, Arquivos e Bibliotecas propuxonos asistir a un espectáculo da man do grupo de teatro Galeatro. E alá fomos co alumnado de 3º e 4º de E.P o pasado 27 de novembro!

 "Na procura do Xestal" concibíase deste xeito: Charlie e Charles son detectives con avós galegos que actualmente residen en Inglaterra Xuntos forman a prestixiosa axencia privada de investigación “Chá-Chá...Chá” na que resolven os casos máis inverosímiles. Desta volta chegoulle unha encarga moi importante para eles: investigar sobre quen era realmente o Xestal xa que en Inglaterra quérenlle facer unha gran homenaxe. Despois de analizar, libros, canción e contos varios descobren unha nota de prensa onde aparecen un monte de nenos cantándolle ó Xestal polo que deciden pedir axuda aos nenos e nenas de 3º e 4º para levar a cabo a súa investigación. 

Foi un espectáculo moi divertido do que todos formamos parte. 

OBRADOIRO DE REGUEIFA

 O pasado 17 de novembro o alumnado de 5º e 6º de E.P. tiveron un obradoiro de Regueira da man de Lupe Blanco e Josinho da Teixeira. 

Aquí deixamos unha pequena mostra do que fixemos. 

Foi unha experiencia moi divertida e enriquecedora, queremos máis!!

martes, 19 de decembro de 2023

AQUÍ PODES ATOPAR RECURSOS DO SAMAÍN E DO MAGOSTO

Se premes na imaxe poderás atopar unha chea de recursos do Samaín e do Magosto. 

SAMAÍN

Para celebrar o Samaín no San Luis quixemos contar a que lle temos medo. O alumnado de Educación Infantil falou da súa contorna máis próxima: a casa. Os nenos e nenas do 1º ciclo de primaria fixéronno de Carballo e os do 2º de Galicia. Os máis maiores traballaron seguindo a liña do seu proxecto de ciclo contandonos a que lle tiñan medo nos distintos países que estan estudando: Filipinas, Inglaterra, México...

Ademais, levamos a cabo unha exposición de cabazas feitas por todo o alumnado que metían MOITO MEDO. 

Deixamos unha pequena mostra. 


 

GRAN ESTREA

 O Equipo de Dinamización de Lingua Galega do CEIP Xesús San Luis Romero comeza unha nova andaina. 

Neste espazo poderedes ver todo canto imos facendo para achegar a lingua e a cultura galega un pouco máis á escola. 

Imos comezar cas actividades que fixemos no 1º trimestre. 

¡ESTADE BEN ATENTOS!

Conto "Lúa" da Editorial Kalandraka

Un éxito entre os/as máis pequenos/as do colexio, son os contos da colección "Do berce á lúa" da editorial Kalandraka . Hoxe, as n...